- Desde hoxe, e ata o 22 de novembro, levarase a cabo en Bakú, Acerbaixán
- Con temperaturas récord e fenómenos extremos en aumento, a COP29 reunirá a líderes de gobernos, empresas e sociedade civil para impulsar solucións, sendo un dos temas principais o financiamento climático
Cerceda, a 11 de novembro de 2024.- Desde hoxe, e ata o próximo 22 de novembro, celebrarase en Bakú, Acerbaixán, a 29ª Conferencia da ONU sobre o Cambio Climático (COP29), configurándose como unha oportunidade crucial para acelerar a acción na loita contra a crise climática.
Con temperaturas récord e fenómenos extremos en aumento, a COP29 reunirá a líderes de gobernos, empresas e sociedade civil para impulsar solucións, sendo un dos principais temas a abordar o financiamento climático, xa que se necesitan billóns de dólares para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e protexer ás comunidades (vidas e medios de subsistencia).
A conferencia tamén será un momento clave para que os países presenten os seus plans nacionais de acción climática actualizados baixo o Acordo de París, que deben entregarse a principios de 2025. Se se fan correctamente, estes plans limitarán o quecemento global a 1,5 °C por riba dos niveis preindustriais e actuarán como plans de investimento que impulsan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Fonte e imaxe: ONU