-
Baixo o auspicio do Consello Económico e Social, comeza hoxe e estenderase ata o próximo 17 de xullo, período no que examinará en profundidade os obxectivos 1, 2, 13 e 17
Cerceda, a 8 de xullo de 2024.- O Foro Político de Alto Nivel sobre Desenvolvemento Sostible arrinca hoxe, baixo o auspicio do Consello Económico e Social (ECOSOC), e estenderase ata o próximo 17 de xullo coa pretensión de reforzar a Axenda 2030 e erradicar a pobreza en tempos de crises múltiples con solucións sostibles, resilientes e innovadoras.
Sen prexuízo do carácter integrado, indivisible e interrelacionado dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, o Foro examinará en profundidade os seguintes: o Obxectivo 1. Poñer fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo; o Obxectivo 2. Poñer fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición, e promover a agricultura sostible; o Obxectivo 13. Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos; o Obxectivo 16. Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o acceso á xustiza para todos e construír institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis; e o Obxectivo 17. Fortalecer os medios de implementación e revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.
Este Foro é o primeiro das súas características auspiciado ECOSOC, logo do Cume dos ODS de 2023, promovido pola Asemblea Xeral. O FPAN de 2024 apoiará a implementación da Declaración Política e outros resultados do Cume dos ODS para avanzar na Axenda 2030 e os ODS.
Os Estados que expresaron o seu interese en levar a cabo exames nacionais voluntarios (VNR) da implementación da Axenda 2030 no FPAN de 2024 son os seguintes: Armenia, Austria, Acerbaixán, Belice, Brasil, Chad, Colombia, Congo (República do) , Costa Rica , Ecuador , Guinea Ecuatorial, Eritrea, Xeorxia , Guinea , Honduras , Illas Salomón, Quenia, Libia, Mauricio, Salomón, México , Namibia , Nepal , Omán , Palau , Perú , República Árabe Siria , República Democrática Popular, Lao , Samoa , Serra Leona, Sudáfrica, Sudán do Sur, España, Uganda, Vanuatu, Iemen, Zimbaue.
Fonte e imaxe: ONU
Saúdos, Departamento de Comunicación