- Baixo o lema “Somos economía circular desde as nosas orixes”, esta asociación publicou un novo informe no que pon en valor, no marco do Pacto Verde Europeo, a achega que, neste sentido, realizan os xestores de residuos perigosos, industriais non perigosos e empresas de remediación de solos.
Cerceda, a 10 de setembro de 2020.- Baixo o lema “Somos economía circular desde as nosas orixes”, ASEGRE, asociación empresarial que defende desde 1992 os intereses dos xestores de residuos perigosos, industriais non perigosos e empresas de remediación de solos, publicou un novo informe no que reivindica, no marco do Pacto Verde Europeo, a achega que realizan os xestores de residuos para a consolidación da economía circular e a contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas (ODS).
Os asociados de ASEGRE levan décadas traballando baixo os principios da economía circular a fin de que a xestión de residuos sexa cada vez de maior de calidade e se eviten emisións de gases de efecto invernadoiro grazas á reutilización e á reciclaxe. Eles encárganse de descontaminar os residuos perigosos de forma segura antes da súa valorización, retiran contaminantes para a súa posterior eliminación e conseguen así unha maior calidade das materias recicladas. Ademais de todo isto, o sector constitúe un bo exemplo práctico de emprego verde e do potencial de crecemento que pode ter a industria medioambiental en España.
Tras máis de 28 anos de actividade, e sendo un dos firmantes orixinais do primeiro Pacto por unha Economía Circular que se promoveu desde o Goberno de España, ASEGRE quere que este documento sexa tamén unha ferramenta divulgativa sobre o sector para un público non especialista.
O informe tamén inclúe a proposta de ASEGRE para que se revise a responsabilidade do produtor. De feito, leva anos avogando por un modelo de responsabilidade compartida e publicou un estudo comparado sobre esta cuestión. Agora, o novo anteproxecto de Lei de Residuos e Solos Contaminados inclúe no seu artigo 20 que “a responsabilidade do produtor inicial ou posuidor do residuo, non concluirá ata o tratamento completo do mesmo”. Isto modifica o modelo que tiña España de responsabilidad delegada, coa que o produtor inicial, ou outro posuidor do residuo, queda obrigado a asegurar un tratamento final axeitado e documentalo.
Fonte e imaxe: ASEGRE