- Coa mensaxe “En el mar deja solo tu estela”, a Asociación, contando coa colaboración de P&G, ademais doutras entidades, pretende promover o comportamento cívico e o máximo respecto ambiental por parte dos usuarios a fin de manter as nosas costas limpas e en bo estado.
- A guía presta especial atención aos novos residuos enmarcados na crise do COVID-19: luvas e máscaras desbotables, e envases de xel hidroalcohólico, indicando como deben xestionarse.
Cerceda, ao 24 de xullo de 2020.- O impacto do lixo mariño vai máis aló das súas consecuencias estéticas ou socioeconómicas, toda vez que ameaza a saúde humana e a seguridade, ademais de presentar efectos negativos sobre os organismos mariños e os hábitats.
É por isto que, coa mensaxe “En el mar deja solo tu estela”, a Asociación Paisaje Limpio publicou unha Guía de Boas Prácticas en Praias cuxo obxectivo é promover o comportamento cívico e o máximo respecto ambiental por parte dos usuarios a fin de manter as nosas costas en bo estado e preservar a súa riqueza natural.
A Guía céntrase especialmente nos materiais que, de forma recorrente, acaban abandonados nas praias, sendo os máis habituais as cabichas, tapóns de botellas, bolsas de snacks, envoltorios, paus de chucherías e xeados, entre outros. Ademais, e no marco da crise do COVID-19, o documento contempla tamén novos residuos tales como luvas e máscaras desbotables, e envases de xel hidroalcohólico, indicando como deben xestionarse.
P&G, que colaborou no desenvolvemento deste documento, mantén un firme compromiso coa sustentabilidade, que aplica de maneira transversal tanto a nivel corporativo como a través das súas marcas mediante o impulso de diversos proxectos e iniciativas. De feito, participou na creación e financiamento da Alianza polo Fin dos Residuos Plásticos e traballa activamente con distintos partners, tanto a nivel global como local, para atopar solucións ao desafío ambiental.
Ligazón descarga guía: https://paisajelimpio.com/wp-content/uploads/2020/07/GUIA-BUENAS-PARACTICAS-EN-PLAYAS-1.pdf
Fonte: Paisaje Limpio
Imaxe: Pixabay