- Considérao unha gran oportunidade para toda a cadea da reciclaxe de papel e cartón: garantir a calidade da materia prima, reducir a burocracia e eliminar barreiras á libre circulación.
Cerceda, a 1 de xuño de 2020.- ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón) dá a benvida á orde ministerial publicada recentemente e a través da cal establécense os criterios para determinar cando o papel recuperado para o seu uso na fabricación do papel reciclado deixa de ser residuo.
David Barrio, director de Reciclado e Loxística de ASPAPEL, manifestou ao respecto que “damos a benvida a esta nova figura xurídica, no convencemento de que é unha gran oportunidade para toda a cadea da reciclaxe de papel e cartón no seu conxunto, xa que axudará a garantir a calidade do material, reducir a carga burocrática e eliminar barreiras á libre circulación desta materia prima”.
Pola súa banda, Andrea Orallo, directora da Mesa da Nova Recuperación, considera que “para ASPAPEL é esencial que a norma recolla a necesidade de que, no proceso de desclasificación do residuo, se manteña en todo momento a conformidade cos estándares europeos do sector”, en concreto a Norma EN 643 Lista europea de calidades estándar de papel e cartón para reciclar, e a Norma EN 17085 Procedementos de mostraxe para papel e cartón para reciclar.
A conformidade coas normas europeas implica a implantación e verificación dun sistema de xestión de calidade, a emisión da declaración de conformidade para cada envío, a realización dos controis de calidade e a subministración de información sobre o material que deixou de ser residuo.
A aplicación do novo modelo “de residuo a produto” é de carácter voluntario para cada envío, pero “agárdase que se vaia xeneralizando a súa aplicación de común acordo entre fabricantes e recuperadores”. Orallo destacou que “esta nova figura xurídica axudará a profesionalizar e modernizar o sector, mellorar o circuíto de reciclaxe de papel e cartón en España, e impulsar o modelo de economía circular”.
Todo apunta a que o papel será o material «máis xestionable en termos de circularidade» no tránsito cara a unha economía circular que converte residuos en recursos. E vai ter un protagonismo crecente, debido ao compromiso medioambiental dos consumidores.
Fonte: ASPAPEL
Imaxe: Pixabay