- Estímase que a recollida deste material ascenderá a 872.000.000 de quilos.
- Os meses de decembro e xaneiro adoitan concentrar o 20% da recollida de papel e cartón de todo o ano.
- A fin de lograr unha reciclaxe de calidade, é preciso ter presente que no contedor azul unicamente debe depositarse o papel e cartón (100% reciclable), resultando conveniente evitar datas punta como o próximo día de Reis.
- Así mesmo, cabe recordar que española é a terceira industria papeleira máis recicladora de Europa, logo da alemá e francesa.
Cerceda, a 2 de xaneiro de 2019.- ASPAPEL, a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón, estima que este Nadal incrementarase a reciclaxe de papel e cartón nun 1%. A previsión é que, durante os meses de decembro e xaneiro, se recollan 872.000.0000 de quilos de papel e cartón a través da recollida selectiva municipal do contedor azul, o sistema porta a porta e os puntos limpos, incluíndo igualmente a recollida propia efectuada por operadores privados en grandes superficies de distribución, imprentas, industrias, etc. De feito, estes dous meses adoitan aglutinar o 20% da recollida de papel e cartón de todo o ano.
Conforme ao seguimento realizado nos últimos anos, ademais da concentración que se da en datas punta tales como o día de Nadal, Ano Novo e Reis, o período alóngase coas ofertas previas do Black Friday e as rebaixas do mes de xaneiro.
A fin de lograr unha reciclaxe de calidade deste material, ASPAPEL proporciona unha serie de consellos tales como depositar o papel e cartón no contedor azul e non introducir outros refugallos como bolsas de plástico ou cordas, que en todo caso dificultan e entorpecen o proceso de reciclado.
Así mesmo, é conveniente pregar as caixas antes de introducilas no recipente para que non ocupen máis espazo do debido e se poida dar servizo a máis cidadáns, e evitar as xornadas punta (como pode ser a próxima de Reis), depositándoo un par de días despois.
O papel e cartón é un material 100% reciclable e, como non podía ser doutra forma, o esforzo de depositalo no contedor axeitado ten o seu recompensa. Neste sentido, cabe recordar que a industria papeleira española é a terceira máis recicladora de Europa, logo da alemá e francesa, manténdose en niveis de excelencia europeos.
Fonte: Aspapel
Saúdos, Departamento de Comunicación