Noticias
A auga, un prezado recurso natural que debemos preservar
- Resulta esencial para soster e reproducir a vida no planeta.
- Todos debemos contribuír a preservala e para iso imponse, como primeiro mandameento, o uso racional e responsable do líquido elemento.
Cerceda, a 10 de agosto de 2020.- A auga é un elemento da natureza fundamental para soster e reproducir a vida no planeta, xa que constitúe un factor indispensable para o desenvolvemento dos procesos biolóxicos que a fan posible.
Todos debemos contribuír a preservala e para iso imponse, como primeiro mandamento, o uso racional e responsable do líquido elemento.
Algúns consellos:
- Dúchate no canto de bañarte. Unha ducha supón un aforro medio de 400 litros por día e fogar.
- Non deixes o grifo aberto ao lavarte os dentes ou afeitarte. Con esta práctica tan habitual malgástanse ata 30 litros por persoa cada día.
- Non manteñas o grifo aberto ao fregar os pratos. É mellor encher a pila e lavalos nela.
- Reutiliza a auga que non estea sucia para outras accións. Por exemplo, a do baño dos teus fillos pódeche servir para fregar o chan.
- Racionaliza o rego aproveitando o auga de choiva ou ben establecendo sistemas de rego por goteo.
- Ollo coas fugas no baño e a cociña. Hai que revisar cada certo tempo a grifería e os elementos urinarios porque co uso poden aparecer pequenas fugas que xeran importantes perdas de auga e diñeiro ao cabo do tempo.
- Cambia os teus electrodomésticos tradicionais polos que teñan a etiqueta A+, A++ ou A+++. Sobre todo, a lavadora e o lavalouzas. Este tipo de electrodomésticos aforran un 50% de consumo de auga grazas aos seus sistemas económicos e os seus programas de media carga.
- Instala grifería termostática ou electrónica na cociña e o baño. Estes sistemas fan que o uso do auga se racionalice ao poderse regular o consumo.
- Coloca aireadores ou reductores do caudal nos grifos. Isto fará que gasten menos cando os teñamos que utilizar.
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación