- UNICEF, en colaboración coa empresa social colombiana Conceptos Plásticos, comezaron a construción da primeira fábrica en África que transformará residuos plásticos en aulas para impartir clases.
- O plástico usado convértese en ladrillos modulares que son fáciles de ensamblar, son duradeiros e teñen un baixo custo.
- Côte d'Ivoire necesita 15.000 aulas para satisfacer as necesidades dos pequenos, que non teñen un lugar axeitado para aprender.
- A incorrecta xestión dos residuos é responsable do 60% dos casos de malaria, diarrea e pneumonía nos nenos, enfermidades que se atopan entre as principais causas de morte dos nenos en Costa de Marfil.
- Unha vez que estea en pleno funcionamento, a fábrica reciclará 9.600 toneladas de residuos plásticos ao ano e proporcionará unha fonte de ingresos ás mulleres que viven na pobreza a través dun mercado formal de reciclaxe.
Cerceda, a 31 de xullo de 2019.- O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), en colaboración coa empresa social colombiana Conceptos Plásticos, comezaron a construción da primeira fábrica en África que transformará residuos plásticos en aulas de clase para os nenos e nenas máis vulnerables de Côte d'Ivoire. O plástico usado convértese en ladrillos modulares que son fáciles de ensamblar, son duradeiros e teñen un baixo custo.
Côte d'Ivoire necesita 15.000 aulas para satisfacer as necesidades dos pequenos, que non teñen un lugar axeitado para aprender. O plástico reciclado usarase, nun primeiro momento, para construír 500 aulas que darán cobertura a máis de 25.000 nenos con necesidades imperiosas.
Un dos principais desafíos aos que se enfrontan os estudantes marfileños é a falta de aulas. Ou ben non existen, ou ben están superpoboadas, o que fai que a aprendizaxe non se leve a cabo en condicións dignas.
RECICLAXE, PROTECCION AMBIENTAL E INGRESOS
Só en Abidjan prodúcense máis de 280 toneladas de residuos plásticos por día e unicamente se recicla ao redor do 5 por cento; o resto termina en vertedoiros incontrolados en comunidades de baixos ingresos.
A incorrecta xestión dos refugallos é responsable do 60% dos casos de malaria, diarrea e pneumonía nos nenos, enfermidades que se atopan entre as principais causas de morte dos nenos en Costa de Marfil.
Unha vez que estea en pleno funcionamento, a fábrica reciclará 9.600 toneladas de residuos plásticos ao ano e proporcionará unha fonte de ingresos ás mulleres que viven na pobreza a través dun mercado formal de reciclaxe.
Ata o momento construíronse nove aulas en Gonzagueville, Divo e Toumodi utilizando ladrillos de plástico fabricados en Colombia, o que demostra a viabilidade dos métodos e materiais de construción.
Os ladrillos están feitos de plástico ao 100% e son resistentes ao lume. Son un 40% máis baratos, un 20% máis liviáns e duran centos de anos máis que os materiais de construción convencionais. Tamén son impermeables, illados e deseñados para resistir fortes ventos e terremotos.
A tecnoloxía dos colombianos de Conceptos Plásticos funde os residuos e inxéctaos nun molde para producir bloques de plástico que funcionan como pezas de lego e permite que comunidades e familias enteiras poidan xogar un papel na construción das aulas e vivendas.
Unha casa para unha soa familia pódese construír con estes ladrillos por catro persoas sen experiencia algunha en construción, e apenas en cinco días. Un refuxio para 14 familias pode ser feito por 15 persoas en 10 días.
Fonte e imaxe: ONU
Saúdos, Departamento de Comunicación