- En total, son máis de 10.000 escolares os que están participando de forma activa nas 292 aulas creadas en cursos de educación primaria e secundaria.
- A metodoloxía de “Aulas Libera” desenvólvese en tres etapas: Aprende, Identifica e Soluciona.
- O obxectivo desta iniciativa, enmarcada no proxecto LIBERA, creado por SEO/BirdLife, en colaboración con Ecoembes, é formar ao alumnado nas boas prácticas ambientais para conservar a natureza e facer fronte aos residuos dunha forma sostible.
Cerceda, a 10 de xaneiro de 2019.- As “Aulas Libera”, cuxo obxectivo é concienciar nos valores ambientais aos escolares de hoxe e futuros adultos do mañá, xa foron implantadas por parte de 214 centros educativos españois, que quixeron sumarse a este programa co fin de formar ao seu alumnado (escolares de entre 10 e 16 anos) nas boas prácticas ambientais para conservar a natureza e facer fronte aos residuos dunha forma sostible.
En total, son xa máis de 10.000 escolares os que están participando de forma activa nas 292 aulas creadas en cursos de educación primaria e secundaria.
Coa pretensión de axudar ao profesorado no seu labor, o proxecto LIBERA, creado por SEO/BirdLife en colaboración con Ecoembes, proporcionoulles os recursos necesarios, isto é, presentacións autoexecutables, xogos de rol e guías didácticas, para coñecer con profundidade o problema que entraña a basuraleza e contribuír á súa solución.
Tras unha primeira fase de aprendizaxe teórica nos centros, lévase a cabo unha actividade práctica para ver e comprobar en situacións reais como afecta a basuraleza á contorna natural. Os alumnos, acompañados polos seus profesores, levan a cabo labores de limpeza co apoio dun educador ambiental.
METODOLOXÍA
A metodoloxía de Aulas Libera desenvólvese en tres etapas. Coa primeira, “Aprende!, preténdese que os alumnos adquiran os coñecementos teóricos a través da gamificación. Na segunda, “Identifica”, os escolares coñecen de primeira man o problema da basuraleza mediante saídas á contorna natural. Na terceira, “Soluciona”, poñen sobre a mesa o apreso para buscar medidas que corrixan o problema. A fin de incentivar este último paso, organizarase un certame para recoñecer as ideas máis innovadoras na loita contra a basuraleza.
Máis información en https://proyectolibera.org/aulas-libera/
Fonte e imaxe: www.proyectolibera.org
Saúdos, Departamento de Comunicación