- Segundo o INE, elevouse a 2.519 millóns de euros en 2017, cifra que representa un incremento do 1,2% respecto ao ano anterior.
- A protección do aire e o clima, a xestión de augas residuais e a xestión de residuos aglutinaron, respectivamente, o 62%, o 15,6% e o 5,7% do investimento total.
Cerceda, a 23 de xullo de 2019.- Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), o gasto da industria en protección ambiental elevouse a 2.519 millóns de euros en 2017, cifra que representa un incremento do 1,2% respecto do ano anterior.
Se se atende ao apartado de equipos e instalacións, o 48,9% do investimento realizouse en equipos e instalacións independentes e o 51,1% en equipos e instalacións integrados.
Ámbitos como a protección do aire e o clima (redución de emisións atmosféricas), xestión de augas residuais e xestión de residuos aglutinaron, respectivamente, o 62%, o 15,6% e o 5,7% do investimento total.
Por sectores, os que concentraron maior gasto en protección ambiental durante 2017 foron Alimentación, bebidas e tabaco (23,7% do total), Química e farmacéutica (16,3%) e Metalurxia e fabricación de produtos metálicos (13,6%).
O gasto total en protección ambiental representou o 0,42% da cifra de negocios da industria en 2017.
A actividade con maior investimento en protección ambiental foi a subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionados, con 196,4 millóns de euros, un 32,8% do total.
Fonte: INE
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación