- Durante 2020 recicláronse en España 64.287 toneladas, alcanzando unha taxa do 52,1%.
- O aluminio é 100% reciclable, non véndose modificadas as súas propiedades durante o proceso de transformación.
- O 75% de todo o aluminio que se fabricou desde hai 100 anos atópase actualmente en uso, en forma de diversos produtos, grazas ao seu reciclado.
Cerceda, ao 10 de xullo de 2021.- España reciclou, en 2020, 64.287 toneladas de envases de aluminio a través de distintos fluxos como son as plantas de selección, as plantas de Residuos Urbanos, as recollidas complementarias e os xestores de residuos tradicionais.
Esta cifra supón un incremento do 21% respecto do ano anterior, que foi de 52.814 toneladas. En 2020 alcanzouse unha taxa de reciclaxe do 52,1%, xa que se puxeron no mercado 123.449 toneladas de envases de aluminio. E, se se suman as toneladas procedentes doutras valorizacións (2.329), obtense unha taxa total de valorización do 54%.
A Directiva Europea 2018/852 do Parlamento Europeo e do Consello establece que, no ano 2025, debe reciclarse o 50% dos envases de aluminio e, en 2030, o 60%. Grazas ao esforzo dos cidadáns que cada día depositan máis envases de aluminio no contedor amarelo e á optimización das plantas de selección, xa se puido alcanzar o obxectivo previsto para o 2025.
ARPAL, asociación sen ánimo de lucro cuxo labor se centra en promover a reciclaxe de envases de aluminio e alcanzar as taxas de reciclaxe requiridas pola lexislación, realiza cada ano un estudo para coñecer as toneladas recuperadas en plantas de xestores de residuos. Os datos deste estudo, no que tamén colaboración a Federación Española da Recuperación (FER) complementan os achegados por Ecoembes (os envases de aluminio recuperados a través do contedor amarelo, de plantas de residuos e compostaxe e de recollidas complementarias).
100% RECICLABLE
Todo o aluminio que se recupera recíclase, constituíndo unha excelente materia prima para volver a fabricar produtos de aluminio, xa que no proceso de reciclaxe non cambian as propiedades deste material. De feito, o 75% de todo o aluminio que se fabricou desde hai 100 anos atópase actualmente en uso, en forma de diversos produtos, grazas á reciclaxe.
Outra vantaxe é o aforro de enerxía, pois ao fabricar produtos de aluminio con aluminio reciclado permite un aforro do 95% da enerxía necesaria para producilo a partir do mineral.
Fonte: Arpal
Máis información en www.aluminio.org