- Asinou un contrato cunha start-up suiza para realizar a primeira misión.
- O acordo arrincará en 2025 e terá como primeiro obxectivo retirar un anaco dun vello foguete europeo Vega que pesa 112 kg e foi abandonado en 2013 nunha órbita baixa.
- Uns 42.000 obxectos de máis de 10 cm gravitan ao redor da Terra, formando unha nube de residuos composta de antigos foguetes, anacos de satélites ou satélites obsoletos, entre outros
Cerceda, a 21 de decembro de 2020.- A Axencia Espacial Europea (ESA) asinou un contrato cunha empresa emerxente de suiza para realizar a primeira misión de "retirada" dun residuo espacial, abrindo a porta a un novo mercado de limpeza da órbita terrestre.
O acordo coa 'start-up' ClearSpace, por un importe de 100 millóns de euros (120 millóns USD), dos cales a ESA investiu 86 millóns (102 millóns USD), arrincará en 2025 e terá como primeiro obxectivo retirar un anaco dun vello foguete europeo Vega. Este obxecto, chamado Vespa, pesa 112 kg e foi abandonado en 2013 nunha órbita baixa, a 800 km da Terra.
ClearSpace, empresa fundada por investigadores da Escola Politécnica Federal de Lausana, recibiu contribucións dunha vintena de compañías pertencentes a oito países membros da axencia espacial (Suiza, Républica Checa, Alemaña, Reino Unido, Polonia, Suecia, Portugal, Rumania). A 'start-up' construirá un satélite limpador de 500 kg, que avaliará nunha primeira fase a velocidade de Vespa. Despois deberá capturar o seu obxectivo, rodeándoo cos seus catro "tentáculos" para desorbitalo. Vespa se desintegrarase finalmente na atmosfera, así como o satélite limpador.
Logo de case 60 anos de actividade espacial e máis de 5.500 lanzamentos, uns 42.000 obxectos de máis de 10 cm gravitan ao redor da Terra formando unha nube de residuos composta de antigos foguetes, anacos de satélites que permaneceron en órbita trala súa explosión ou por satélites obsoletos, entre outros escombros espaciais.
Ao gravitar a toda velocidade (28.000 km/hora) estes refugallos representan unha seria ameaza de colisión con satélites operativos, o que podería destruír servizos cruciais (como de meteoroloxía ou GPS) e xerar outros novos, suscitando unha reacción en cadea, que "seriamos incapaces de frear", segundo Luisa Innocenti, xefa da oficina ClearSpace na ESA.
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pixabay