- Baixo a denominación “Sustainably Yours”, a súa pretensión é convidar á poboación a plasmar nas súas instantáneas a forma de lograr unha sociedade más sostible desde o punto de vista a alimentación, a enerxía e a mobilidade.
- O prazo para a presentación de candidaturas conclúe o próximo 15 de maio e a participación está aberta aos cidadáns maiores de idade dos países membros da AEMA e dos países colaboradores dos Balcáns occidentais.
- Os gañadores de cada unha das tres categorías recibirán un premio en metálico de 1.000 euros.
Cerceda, a 30 de abril de 2019.- A forma na que comemos, na que consumimos enerxía e como nos desprazamos incide na saúde do medio ambiente. Neste marco, e co obxectivo de ilustrar os retos e oportunidades que representa facer da alimentación, a enerxía e a mobilidade ámbitos máis sostibles, a Axencia Europea de Medio Ambiente convocou un novo concurso baixo a denominación “Sustainably Yours”.
A pretensión desta iniciativa non é outra que propiciar a reflexión da cidadanía sobre estes aspectos e plasmar, a través de instantáneas, como lograr que a nosa sociedade sexa máis sostible.
As persoas interesadas en participar nesta promoción deben remitir á AEMA as súas mellores fotografías en calquera destes tres ámbitos:
- Alimentos sostibles, evidenciando que son os alimentos sostibles, como se producen e chegan ás nosas mesas, e cales son as solucións para lograr que o noso sistema alimentario sexa máis sostible.
- Enerxía sostible, deixando constancia de cal é a dependencia enerxética dos cidadáns, como podemos producir enerxía de forma limpa e que nos detén para non facelo.
- Mobilidade sostible, plasmando os retos e oportunidades que trae consigo unha mobilidade baixa en carbono, toda vez que nos desprazamos de forma continua con distintos fins.
PRAZOS E PREMIOS
O prazo para a presentación de candidaturas conclúe o próximo 15 de maio e a participación está aberta aos cidadáns maiores de idade dos países membros da AEMA e dos países colaboradores dos Balcáns occidentais.
Os gañadores de cada unha das tres categorías recibirán un premio en metálico de 1.000 euros.
Así mesmo, a AEMA concederá tamén un “Premio Joven” á mellor fotografa enviada por unha persoa nova e seleccionarase un “Premio do Público” entre todos os finalistas a través dunha votación online.
Os nomes dos gañadores daranse a coñecer o próximo mes de xuño.
Fonte: AEMA
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación