-
O obxectivo do certame é capturar momentos verdes positivos e inspiradores que brinden alegría e esperanza por un mañá máis sostible
-
O prazo para a presentación das instantáneas finaliza o 1 de outubro de 2024
Cerceda, a 21 de xuño de 2024.- A Axencia Europea de Medio Ambiente convocou a 15ª edición do concurso de fotografía “Urban Treasures 2024”, cuxo obxectivo é capturar momentos verdes positivos e inspiradores que brinden alegría e esperanza por un mañá máis sostible.
A temática convida a reflexionar sobre como se poden construír barrios máis ecolóxicos e habitables. Ademais de facerse cun premio en metálico, os candidatos poden lograr que o seu traballo apareza nas publicacións e exposicións da Axencia. Para isto, deben enviar, antes do 1 de outubro de 2024, as súas instantáneas (máximo 5) a través dun formulario en liña, tendo a oportunidade de participar nunha ou máis categorías: vida silvestre na cidade, barrios con encanto, verde de corazón.
O gañador de cada categoría recibirá un premio de 1.000 euros. Con todo, tamén se contemplan galardóns adicionais tales como a foto favorita do público, determinados mediante unha votación en liña.
Condicións
Os participantes deben ter alomenos 18 anos e ser cidadáns dun dos 32 países membros do EEE ou de seis países cooperantes, incluídos os 27 Estados membros da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza, Turquía, Albania, Bosnia e Hercegovina, Kósovo e Montenegro, Macedonia do Norte e Serbia.
Máis información en https://www.eea.europa.eu/en/newsroom/photo-competitions/urbantreasures
Fonte e imaxe: Axencia Europea de Medio Ambiente