- António Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas, aludiu á necesidade de unir forzas para superar as crises de cambio climático e a pandemia de COVID-19 como parte dunha “transición cara a un futuro sostible e inclusivo”.
- Asegurou que a ambición central das Nacións Unidas en 2021 será construír unha coalición global para lograr a neutralidade climática en 2050.
Cerceda, a 11 de xaneiro de 2021.- Na súa mensaxe de Ano Novo, o secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres, aludiu á necesidade de unir forzas para superar as crises de cambio climático e a pandemia de COVID-19 como parte dunha “transición cara a un futuro sostible e inclusivo”.
Ao respecto, asegurou que a ambición central das Nacións Unidas en 2021 será construír unha coalición global para lograr a neutralidade de carbono (cero emisións netas) en 2050, pudendo desempeñar cada goberno, cidade, empresa e individuo pode desempeñar un papel clave neste obxectivo.
O Programa de ONU Medio Ambiente está listo para alentar o traballo conxunto no coidado do medio ambiente, inspirando, informando e capacitando ás nacións e aos pobos para mellorar a súa calidade de vida sen comprometer a das futuras xeracións.
PRINCIPAIS EVENTOS DE 2021
25-26 de xaneiro: Cume de Adaptación Climática.
22-24 de febreiro: A primeira parte da quinta Asemblea das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEA 5) levarase a cabo online con motivo das restricións pola COVID-19. A UNEA é o máximo organismo da toma de decisións ambientais.
3 de marzo: Día Mundial da Vida Silvestre.
22 de maio: Día Internacional da Diversidade Biolóxica.
Maio: Conferencia das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica (COP15).
5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente.
8 de xuño: Día Mundial dos Océanos.
5-9 de xullo: Quinta Reunión da Conferencia Internacional sobre Xestión dos Produtos Químicos.
Xullo: Conferencia da ONU sobre os Océanos.
19-30 de xullo: Reunións das Conferencias das Partes dos Convenios de Basilea, Rotterdam e Estocolmo baixo o lema "Acordos globais para un planeta saudable - Xestión racional de produtos químicos e residuos".
7 de setembro: Día Internacional do Aire Limpo por un ceo azul.
Setembro: 76° período de sesións da Asemblea Xeral da ONU.
3-11 de setembro: Cume Mundial da Natureza organizada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN).
29 de setembro: Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos.
Setembro / Outubro: Cume sobre os Sistemas Alimentarios.
Outubro: Segunda Conferencia Mundial sobre Transporte Sostible da ONU.
1-12 de novembro: Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP26).
1-5 de novembro: Cuarta reunión da Conferencia das Partes do Convenio de Minamata sobre o Mercurio (COP4).
6 de novembro: Día Internacional para a prevención da explotación do medio ambiente na guerra e os conflitos armados.
7-10 de decembro: Vixésimo segunda reunión da Conferencia das Partes do Convenio de Barcelona (COP22).
En 2021 inícianse dúas décadas importantes: o Decenio das Nacións Unidas para a Restauración dos Ecosistemas e o Decenio das Nacións Unidas das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible.
Ademais, é o Ano Internacional das Froitas e Verduras, unha iniciativa destinada a crear conciencia sobre o importante papel destes alimentos na nutrición humana, a seguridade alimentaria e a saúde, así como na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.
É preciso ter en conta que, do mesmo xeito que en 2020,e debido á pandemia de COVID-19, as datas aínda poderían estar suxeitas a cambios.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay