- O seu presidente expuxo ante os Estados membros as prioridades desta Organización: Paz e Seguridade, Erradicación da Pobreza, Fame Cero, Educación de Calidade, Acción Climática e Inclusións, todas elas alineadas coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Cerceda, a 27 de xaneiro de 2020.- A mediados do presente mes de xaneiro, e no marco do 74º período de sesións da Asemblea Xeral da ONU, o seu presidente expuxo ante os Estados membros as prioridades desta Organización: Paz e Seguridade, Erradicación da Pobreza, Fame Cero, Educación de Calidade, Acción Climática e Inclusións, todas elas en liña coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
A Paz e Seguridade internacionais concíbense como dous elementos claves para lograr as metas marcadas na Axenda 2030, “xa que non pode haber desenvolvemento en ausencia de paz”.
No plano da Educación estableceranse vías para configurar redes e compartir as mellores prácticas.
Así mesmo, durante o mes de febreiro está prevista a organización dun evento para debater o tema "Fame Cero": Cooperación Sur-Sur e Triangular para a transformación da agricultura".
Pola súa banda, do 2 ao 6 de xuño, celebrarase en Lisboa (Portugal) unha Conferencia sobre os Océanos e abordarase tamén o Cume sobra a Diversidade Biolóxica que, por mandato, correspóndelle aos embaixadores de Costa Rica e Italia.
O Diálogo de alto nivel sobre a desertificación terá lugar o 9 de xuño co fin de examinar os progresos realizados na loita contra a desertificación, a degradación das terras e a seca.
A Inclusión, considerada como clave para o mundo, terá visibilidade a través da celebración do 25º aniversario da Cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller; o 20º aniversario da Resolución 1325 sobre a muller, a paz e a seguridade; así como o 10º aniversario de ONU Mulleres, entre outros.
Fonte: ONU
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación