- Da man da Asociación Paisaje Limpio, o programa de accións orientarase a dar visibilidade ás infraestruturas para a recollida de lixo nos portos, mellorando con isto a xestión dos refugallos producidos polo sector pesqueiro e o da navegación deportiva.
- Neste marco, materializaranse dúas probas piloto nun porto pesqueiro e noutro deportivo, e estudaranse as causas polas cales os usuarios dos mesmos non depositan correctamente os residuos nos diferentes contedores habilitados para tal fin.
- Unha vez realizado este diagnóstico, analizaranse os datos recabados a fin de deseñar e articular as medidas a implantar para mellorar as propias infraestruturas de contedores nas áreas portuarias.
Cerceda, a 21 de febreiro de 2019.- O proxecto BAJUREC, que ten por obxecto a prevención de residuos e a súa xestión sostible a fin de evitar que acaben no mar, entra na súa segunda fase da man da Asociación Paisaje Limpio.
As embarcacións de pesca e recreo eríxense nas verdadeiras protagonistas dunha iniciativa que conta co apoio da Fundación Biodiversidad, a través do Programa Pleamar, cofinanciado pola FEMP.
O traballo a acometer nesta segunda etapa tomará a forma dun programa de accións orientadas a dar visibilidade ás infraestruturas para a recollida de lixo nos portos, mellorando con isto a xestión dos residuos producidos polo sector pesqueiro e o da navegación deportiva.
Neste marco, materializaranse dúas probas piloto nun porto pesqueiro e noutro deportivo e estudaranse as causas polas cales os usuarios dos mesmos non depositan correctamente os residuos nos diferentes contedores habilitados para tal fin: ben polas limitacións da propia infraestrutura en si, ben pola súa escasa visibilidade, accesibilidade ou por outras circunstancias.
Unha vez realizado este diagnóstico, analizaranse os datos recabados a fin de deseñar e articular as medidas a implantar para mellorar as propias infraestruturas de recollida de refugallos e a súa operativa de xestión. Así mesmo, redactarase unha guía na que se dará conta da secuencia de boas prácticas, mostrando opcións de ubicación, xestión e ata de mimetización das devanditas infraestruturas coa contorna a fin de diminuír o seu impacto visual. Estas medidas complementaranse coa edición dun tríptico informativo dirixido aos usuarios dos portos pilotos.
PROTECCIÓN DA VIDA MARIÑA
O proxecto BAJUREC pretende contribuír a facer fronte á problemática que o lixo mariño representa para o propio ecosistema e a fauna mariña, para a pesca, o turismo e, por suposto, para a saúde humana. “En el mar deja solo tu estela” é o título da campaña de sensibilización integrada nesta iniciativa.
A Asociación Paisaje Limpio é unha organización sen ánimo de lucro cuxo obxecto social oriéntase a impulsar accións contra o vertido incontrolado de residuos baseadas na información e formación de cara a promover unha cultura cívica respectuosa co medio ambiente e a utilización das vías de recuperación de residuos.
Fonte e imaxe: https://paisajelimpio.com/
Saúdos, Departamento de Comunicación