- A través dos mesmos recoñeceranse aqueles proxectos ou iniciativas que contribúan a circularizar a economía e, polo tanto, a potenciar o desenvolvemento da competitividade empresarial no noso país, prestando especial atención á sostibilidade ambiental e social.
- En todo caso, prestarase atención a aquelas prácticas que promovan negocios circulares cos que facer fronte á problemática representada polos escasos e limitados recursos naturais.
- Os premios estructúranse en catro categorías: Mellor iniciativa pública, Mellor práctica circular en grandes empresas, Mellor práctica circular en pemes e mellor start-up circular.
- O prazo para a recepción de candidaturas concluirá o próximo 15 de xullo.
Cerceda, a 30 de maio de 2019.- O grupo BASF e o Club de Excelencia en Sostibilidade convocaron a primeira edición dos premios á mellor práctica en Economía Circular, pretendendo recoñecer a través dos mesmos aqueles proxectos ou iniciativas que contribúan a circularizar a economía e, xa que logo, a potenciar o desenvolvemento da competitividade empresarial no noso país, prestando especial atención á sostibilidade ambiental e social.
Neste sentido, cabe sinalar que, precisamente a economía circular constitúe un dos grandes retos para BASF, toda vez que as súas prioridades oriéntanse cara á innovación para facer fronte aos retos que suscita a enerxía intelixente, a alimentación, a mobilidade e a vida urbana. De feito, o Grupo participa na iniciativa New Plastics Economy da Fundación Ellen McArthur, que conta coa colaboración de empresas e profesionais do sector químico para repensar e redeseñar o futuro do sector dos plásticos.
CATEGORÍAS, XURADO E CRITERIOS DE VALORACIÓN
Os premios estrutúranse en catro categorías a través das cales preténdese dar visibilidade e poñer en valor as iniciativas máis destacadas que se están levando a cabo en España no ámbito da economía circular: Mellor iniciativa pública, Mellor práctica circular en grandes empresas, Mellor práctica circular en pemes e mellor start-up circular.
En todo caso, prestarase atención a aqueles proxectos que promovan negocios circulares cos que abordar a problemática representada polos escasos e limitados recursos naturais: subministración circular (aproveitamento de materiais reciclados, reutilizables, en lugar de materiais novos); recuperación de recursos a través de procesos innovadores que permitan impactar de forma positiva na cadea de valor; estender a vida do produto a través da recuperación, reventa ou a innovación e o eco-deseño; plataformas para compartir produtos ou servizos (conectar a usuarios para fomentar o uso compartido de diferentes produtos e/ou servizos que minimicen o impacto ambiental); produtos como servizos (ofrecer servizos de pago por un produto mantendo a propiedade do mesmo para a posterior recuperación dos recursos); e innovación en procesos mediante a produción en ciclo pechado co obxecto de maximizar o uso dos recursos e diminuír o impacto ambiental.
O xurado estará conformado por recoñecidos expertos a nivel institucional, académico e empresarial en materia de innovación e tecnoloxía, desenvolvemento de programas formativos e de sostibilidade, e altos directivos de BASF en España e o Club de Excelencia en Sostenibilidad .
Os criterios de valoración dos proxectos contemplará o impacto económico, social e ambiental dos mesmos; a consistencia e permanencia no tempo; a aplicabilidade real e replicabilidade do modelo; a orixinalidade e carácter innovador da proposta; o alcance xeográfico/persoas/organizacións implicadas; a diseminación na cadea de valor da empresa no caso de que se aplique; e a existencia de obxectivos claros e medibles e indicadores de seguimento.
O prazo para a recepción de candidaturas concluirá o próximo 15 de xullo.
As bases están a disposición dos interesados en www.clubsostenibilidad.org
Fonte: Club de Excelencia en Sostenibilidad.
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación