- O 18 de outubro ten lugar o Día Europeo da Bolsa de Papel coa pretensión de crear conciencia respecto da dunha opción máis sostible coa que minimizar a xeración de residuos e o impacto ambiental, reducindo a pegada de carbono.
- A conmemoración desta efeméride, promovida por “The Paper Bag”, acompáñase da emisión dunha serie de vídeos nos que se pon a proba a resistencia dunha bolsa de papel fronte a diversos desafíos.
Cerceda, a 16 de outubro de 2020.- O vindeiro domingo, 18 de outubro, celébrase, por terceira vez, o Día Europeo da Bolsa de Papel coa pretensión de crear conciencia respecto dunha opción sostible coa que minimizar a xeración de residuos e o impacto ambiental, reducindo a pegada de carbono.
De feito, nesta edición faise especial fincapé na reutilización das bolsas de papel, na súa resistencia e durabilidade. Para a ocasión, a entidade promotora «The Paper Bag», que agrupa aos fabricantes de papel kraft e aos produtores de bolsas de papel líderes de Europa, lanzou unha serie de vídeos nos que se pon a proba e demóstrase a reutilización dunha bolsa de papel en diversas situacións do día a día (cargas pesadas de ata 11 quilos, situacións de transporte con tiróns, así como contidos húmidos ou con cantos afiados).
Segundo un estudo realizado por GlobalWebIndex, os consumidores de Estados Unidos e Reino Unido comprenderon xa a importancia da reutilización e valóranna como o segundo aspecto máis importante dunha embalaxe ecolóxica, só despois do reciclado. As bolsas de papel ofrecen ambas posibilidades: pódense reutilizar varias veces e, cando xa non serven para ir de compras outra vez, pódense reciclar.
Ademais da bolsa en si, en Europa as fibras reutilízanse de media 3,5 veces. E se unha bolsa de papel non se reutiliza nin se recicla, debe terse en conta que é biodegradable, dadas as súas características naturais compostables, podendo degradarse nun período curto de tempo. Igualmente, e dado que se está recorrendo agora a tintas naturais a base de auga e adhesivos de almidón, tampouco resultan nocivas para o medio ambiente. Isto último contribúe aínda máis á sostibilidade global das bolsas de papel e ao enfoque circular da estratexia bioeconómica da UE.
Máis información en www.thepaperbag.org
Fonte e imaxe: IDE