- Así se recolle na publicación “Un Libro Blanco”, promovido pola plataforma «The Paper Bag», a Asociación de Produtores de Papel Kraft e de Bolsas de Papel líderes en Europa.
- No mesmo asegúrase que as embalaxes de papel están gañando terreo como a solución preferida, toda vez que se trata dun material reciclable, reutilizable e cun formato adaptable a múltiples produtos e usos.
Cerceda, a 13 de xaneiro de 2021.- A plataforma «The Paper Bag», a Asociación de Produtores de Papel Kraft e de Bolsas de Papel líderes en Europa, publicou UN LIBRO BLANCO no que se abordan as tendencias de compra dos consumidores, orientadas cada vez máis cara a produtos sostibles, demostrando como os minoristas e as marcas poden fortalecer o seu valor mediante a integración das bolsas de papel.
Todo apunta a que os consumidores de hoxe en día teñen máis conciencia social e están moito máis preocupados polo medio ambiente que fai algúns anos, extremo que se reflicte nun incremento das súas expectativas en relación coas marcas para que estas actúen de forma respectuosa coa contorna. E para facelo con éxito, non só teñen que convencelos cun posicionamento diferencial, senón que tamén, deben responder á crecente demanda dun uso responsable dos recursos.
EN CLAVE SOSTIBLE
Neste LIBRO BLANCO preséntanse os resultados de enquisas e estudos recentes respecto de como os estilos de vida e as expectativas dos consumidores modernos afectaron ás súas preferencias de compra no momento de escoller produtos.
Un aspecto relevante é o comportamento ético dunha marca. Os consumidores agardan que as marcas os axuden a ser sostibles. Este é un aspecto especialmente importante se se considera o alcance que están a lograr os milenials e a xeración Z, grupos que se mostran particularmente comprometidos con empresas que perseguen obxectivos de desenvolvemento sostible, á vez que fan chamamentos para que a sociedade se implique.
Debido á crecente atención dos consumidores á reciclabilidade e á reutilización, así como aos seus desexos de reducir os refugallos plásticos, as embalaxes de papel están a gañar terreo, toda vez que se trata dun material reciclable, reutilizable e ten un formato que se pode adaptar a múltiples produtos e usos. Ademais, fabrícase con recursos renovables que permiten ata oito ciclos de reciclaxe.
As bolsas de papel están en plena sintonía cun estilo de vida sostible e moderno, e complementan o perfil dunha marca sostible á perfección.
Fonte: CEPI Eurokraft
Imaxe: Pixabay