- Organizada polo Proxecto LIBERA, mobilizou, entre o 21 de setembro e o 6 de outubro, a máis de 5.000 persoas para caracterizar e liberar de lixo 360 puntos costeiros de España
Cerceda, a 17 de outubro de 2024.- Desde o pasado 21 de setembro, coincidindo co Día Internacional de Limpeza de Praias (World Clean Up Day), ata o 6 de outubro, máis de 5.000 persoas participaron na oitava edición da campaña de ciencia cidadá ‘1m2 polas praias e os mares’, organizada polo Proxecto LIBERA, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes.
Co obxectivo de recompilar datos sobre o lixo atopado en praias e fondos mariños, e coñecer a súa orixe, caracterizáronse 108.887 residuos abandonados nestas contornas naturais, sendo os elementos máis atopados nas costas españolas, por orde, as cabichas, pezas de plástico, tapóns e latas de bebida.
As recollidas tiveron lugar nun total de 360 puntos repartidos por todo o país co obxectivo de coñecer a tipoloxía de refugallos atopados nestas contornas, analizar os efectos e as consecuencias nos espazos naturais e sensibilizar sobre esta problemática. Deste xeito, os participantes retiraron 2,8 toneladas de residuos, demostrando o compromiso e a concienciación da cidadanía coa conservación da natureza.
Os participantes empregaron a aplicación móbil MARNOBA, desenvolvida pola Asociación Vertidos Cero e Basuraleza para caracterizar os residuos atopados. Ao final da campaña, estes datos sumaranse aos máis de 1.000.000 de obxectos xa caracterizados e que LIBERA vén recollendo desde 20 MITECO.
Fonte e imaxe: Proxecto Libera