- Esta cifra tradúcese en 19 kg menos que en 2021 e en 46 kg máis que en 1995
- Baixa tamén a reciclaxe: 249 kg de media por persoa en 2022 fronte aos 264 kg de 2021
Cerceda, a 19 de febreiro de 2024.- En 2022, a cantidade de residuos municipais xerados por persoa na UE ascendeu a 513 kg, 19 kg ou un 4% por menos que en 2021 (532 kg) e 46 kg máis que en 1995 (467 kg).
A xeración de residuos municipais variou considerablemente entre os membros da UE. A maior cantidade corresponde aos cidadáns de Austria (827 kg por persoa), Dinamarca (787 kg) e Luxemburgo (720 kg) e a menor cantidade aos de Romanía (301 kg), Polonia (364 kg) e Estonia (373 kg).
As variacións entre países reflicten diferenzas nos patróns de consumo, a riqueza económica e a recollida e xestión de residuos municipais.
En termos de reciclaxe, a UE rexistrou unha media de 249 kg por persoa, fronte á media de 2021 de 264 kg por persoa. Austria (516 kg), Dinamarca (411 kg) e Alemaña (409 kg) tiveron a maior cantidade de residuos reciclados por persoa. Pola súa banda, Rumanía (36 kg), Malta (75 kg) e Grecia (90 kg) rexistraron a máis baixa.
Fonte: Equipamento e Servizos Municipais
Imaxe: Pexels