- A Asociación Española de Recuperadores de Economía Social e Solidaria lanzou unha campaña coa que fomentar o coñecemento e participación nun modelo de desenvolvemento definido pola economía circular.
- Así mesmo, pretende propiciar que a cidadanía tome conciencia do impacto social que trae consigo a creación de emprego para persoas en risco de exclusión con actividades de preparación para a reutilización de residuos.
- O traballo das entidades sociais adscritas a AERESS conseguiu evitar, no ano 2018, máis de 100.000 toneladas de CO2 emitidas á atmosfera e xerar 2.194 empregos verdes.
Cerceda, a 13 de outubro de 2020.- AERESS, a Asociación Española de Recuperadores de Economía Social e Solidaria, lanzou recentemente, e baixo o lema “A favor do Emprego Eu Reutilizo E Ti? ¡Calcula o traballo que axudas a xerar!”, unha calculadora online que permite medir os beneficios sociais e laborais vinculados á reutilización que efectúan as 40 entidades sociais da Rede AERESS.
Esta campaña permite coñecer e participar nun modelo de desenvolvemento definido pola economía circular no que o máximo aproveitamento dos produtos adquire especial relevancia. Así mesmo, propicia que a cidadanía tome conciencia do impacto social que trae consigo a creación de emprego para persoas en risco de exclusión con actividades de preparación para a reutilización de residuos.
Cando unha persoa introduce un obxecto que reutilizou nunha entidade social e solidaria, a calculadora devólvelle o número de horas de emprego de inserción que se xerou e o retorno económico á sociedade en forma de impostos e aforro de axudas sociais
Por exemplo, un abrigo xera 1,13 horas de traballo de inserción e 8,18€ de retorno económico á sociedade, contribuíndo ademais a mudar realidades sociais como persoas sen fogar, parados de longa duración, desahucios, mozos e mozas desempregados, mulleres vítimas de violencia de xénero, etc.
As entidades da economía social e solidaria da Rede AERESS teñen servizos como a xestión integral (recollida, clasificación e tratamento) de residuos tales como téxtil, aparellos eléctricos e electrónicos, mobles; xestión de puntos limpos, educación e consultoría ambiental, servizos de intervención social; bolsa de traballo; e xestión e comercialización de produtos de segunda ma, produtos reciclados de creación propia e produtos de comercio xusto e ecolóxico.
Con todo este traballo, as entidades asociadas conseguiron evitar, no ano 2018, máis de 100.000 toneladas de CO2 emitidas á atmosfera e xerar 2.194 empregos verdes.
Podes visitar a ferramenta e calcular o emprego que axudas a xerar en https://calculadorasocial.aeress.org/
Fonte: AERESS
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación