- Terá lugar entre os días 16 e 22 deste mes, sendo o seu obxectivo sensibilizar á sociedade sobre as negativas consecuencias que ten o uso irracional do coche na cidade.
- O tema elixido para este ano por parte a Comisión Europea está centrado en camiñar e pedalear de forma segura, prestando especial atención a dúas formas de desprazamentos con grandes beneficios para a saúde, o medio ambiente e a economía.
- O 22 de setembro celébrase o evento ¡A cidade, Sen coche! a fin de promover a procura de novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas urbes.
- España é líder en participación.
Cerceda, a 2 de setembro de 2019.- Baixo o lema “Camiña con nós”, a Semana Europea da Mobilidade 2019 celebrarase do 16 ao 22 de setembro.
O seu obxectivo, do mesmo xeito que en edicións anteriores, é dar continuidade á tarefa de sensibilización social sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios que reporta o uso de modos de transporte alternativos e máis sostibles como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.
O tema elixido para este ano por parte a Comisión Europea está centrado en camiñar e pedalear de forma segura, poñendo o foco de atención en dúas formas de desprazamentos con grandes beneficios para nosa saúde, o medio ambiente e a nosa economía.
Adicionalmente, o 22 de setembro celébrase o evento ¡A cidade, Sen coche!, co que se pretende inspirar a procura de novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas urbes.
ESPAÑA, LÍDER EN PARTICIPACIÓN
España vén liderando a participación na Semana Europea da Mobilidade. Das 2.792 cidades europeas adscritas á mesma o pasado ano, 473 foron españolas, con 2.520 medidas permanentes presentadas.
Ao longo desa semana, organizacións sociais, institucións e empresas levan a cabo actividades relacionadas coa mobilidade sostible para concienciar aos cidadáns sobre o beneficio individual e colectivo do cambio de comportamento á hora de elixir un modo de transporte non contaminante.
Neste sentido, tamén se fai especial referencia ao apoio ás Mobility Action, que son boas prácticas sobre mobilidade en empresas, organizacións sociais e institucións (non concellos).
Saúdos, Departamento de Comunicación