- Durante 2020 aumentou en 1,1 millóns de toneladas en comparación co ano anterior
- As novas cifras evidencian que esta industria, non só resiste, senón que continúa o seu camiño cara á fabricación de plásticos circulares
- O excepcional crecemento do sector foi posible grazas ao auxe da demanda impulsada, entre outros factores, polos novos obxectivos lexislativos, así como polos avances tecnolóxicos na recolección, clasificación e reciclaxe
Cerceda, a 13 de maio de 2022.- A capacidade instalada total de reciclaxe de plásticos na UE durante 2020 creceu 1,1 millóns de toneladas en comparación co ano anterior. As novas cifras evidencian que a industria da reciclaxe de plásticos, non só resiste, senón que continúa o seu camiño cara á fabricación de plásticos circulares.
Alemaña, Italia, España, Reino Unido e Francia teñen as capacidades máis altas para a reciclaxe de residuos plásticos.
O excepcional crecemento do sector foi posible, malia as dificultades provocadas pola pandemia, grazas ao auxe da demanda impulsada, entre outros factores, polos novos obxectivos lexislativos, así como polos avances tecnolóxicos na recolección, clasificación e reciclaxe
O PET, o PO flexible e o HDPE e PP ríxidos aglutinan a maior parte da capacidade total de reciclaxe de plásticos, o que representa case o 80%.
A xuízo de Ton Emans, presidente de Plastic Recyclers Europe, "Os novos modelos comerciais abren unha ampla gama de oportunidades na nosa industria".
Cunha facturación de 7.700 millóns de euros e unha capacidade de reciclaxe instalada para 9,6 millóns de toneladas, os recicladores europeos son unha parte esencial da cadea para abordar a xestión dos residuos plásticos e desempeñan un papel importante na contribución cara a unha Europa neutra en carbono.
O apoio lexislativo integral desbloquearía tonelaxes adicionais de recolección e clasificación de alta calidade á vez que incentivaría os investimentos en tecnoloxías e infraestruturas que conducirían a triplicar as capacidades de reciclaxe de plásticos para 2030.
SOBRE PLASTICS RECYCLERS EUROPE
Plastics Recyclers Europe (PRE) é unha organización que representa aos recicladores de plásticos europeos, que transforman este residuo en material de alta calidade destinado á produción de novos artigos. Os recicladores son importantes facilitadores da circularidade dos plásticos e a transición cara á economía circular.
A reciclaxe de plásticos en Europa é un sector en rápido crecemento que representa máis de 7700 millóns de euros de facturación, 9,6 millóns de toneladas de capacidade de reciclaxe instalada, máis de 650 instalacións e máis de 20 000 empregados.
Fonte: Plastic Recyclers Europe ( PRE)