- A iniciativa canalízase a través de Moda re-, que aglutina os proxectos para a reutilización e reciclaxe do téxtil de 45 Cáritas Diocesanas de toda España, contando xa con máis de 110 tendas en 84 cidades
- Baixo o slogan “re planet – Temos unha soa Terra. Non é demasiado tarde, actúa“, a campaña, que se enmarca na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, pretende ser unha chamada á reflexión e á acción
Cerceda, a 10 de xuño de 2022.- Moda re-, a iniciativa de Cáritas Española que agrupa os proxectos para a reutilización e reciclaxe do téxtil de 45 Cáritas Diocesanas de toda España, contando xa con máis de 110 tendas en 84 cidades españolas, aproveitará os milleiros de visitas que cada día ten nas súas tendas para sensibilizar á poboación sobre a necesidade de reutilizar a roupa.
Baixo o slogan “re- planet – Temos unha soa terra. Non é demasiado tarde, actúa”, a campaña, que se enmarca na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente e que se desenvolverá todo este mes, pretende ser unha chamada á reflexión e á acción.
Así, as persoas que acudan ás tendas coñecerán como, con pequenos xestos como o de optar por formas de consumo sostible e a adquisición de roupa de segunda man, están a contribuír de forma activa á loita contra o cambio climático, á que vez que dan preferencia a unha forma de consumo económica para toda a familia.
MODA RE-: BENEFICIOS AMBIENTAIS E SOCIAIS
Ademais, co obxectivo de achegar e incentivar á cidadanía na adquisición da moda sostible, todas as tendas Moda re- entregan, ata esgotar existencias, 60.000 vales de compra cos que os consumidores poderán optar a descontos de ata o 30%. Con isto, non só apoian o labor ambiental desta iniciativa, senón a inclusión socio-laboral. E é que, dos 1.100 postos de traballo cos que contan as empresas de inserción e cooperativas que forman Moda re-, máis do 50% están reservados a persoas en situación ou risco de exclusión social, co valor engadido de achegar, cada vez máis, o consumo sostible á cidadanía: facéndolles partícipes das consecuencias que as súas compras teñen na contorna, dando novas oportunidades á roupa e aforrando recursos ao planeta.
Pero non todo o téxtil que xestiona Cáritas (máis de 40 millóns de quilos anuais), pode ser reutilizado. Aquela roupa que polo seu estado non pode seguir esta vía, tamén é aproveitada e ten unha segunda vida a través da reciclaxe.
Moda re- é o proxecto líder no sur de Europa en todos os procesos de preparación para a reciclaxe de roupa usada, sendo o maior provedor de materia prima para os fabricantes de novas hilaturas.
Fonte e imaxe: Gestores de Residuos
Saúdos, Departamento de Comunicación