- Desde o seu lanzamento, en 2019, esta plataforma en liña rexistrou 53 iniciativas sostibles e 107 exemplos de implementación das mesmas en municipios de todo o país.
- Os usuarios deste canal poden consultar e compartir casos de éxito en xestión de residuos e mostrar o seu compromiso coa economía circular.
Cerceda, a 17 de novembro de 2021.- Son xa case 500 os usuarios que mensualmente participan na plataforma en liña “Alianza de Municipios pola Sustentabilidade nos Residuos”. A través desta canle, os responsables de residuos dos consistorios poden consultar e compartir as prácticas máis vanguardistas e exitosas desenvolvidas a nivel local para incrementar as súas taxas de recollida selectiva. A web tamén inclúe un apartado de Actualidade coas últimas tendencias en xestión de residuos municipais.
Desde a creación da plataforma, en 2019, contabilizáronse un total de 10.245 usuarios únicos, rexistrándose 53 iniciativas sostibles e 107 exemplos de implementación das mesmas en municipios de todo o país.
Entre as mellores prácticas compartidas atópanse o emprego da tecnoloxía RFID na recollida de residuos, o desenvolvemento de recollidas móbiles en centros históricos, a instalación de mini puntos limpos en espazos públicos en desuso, a incorporación de sistemas de bonificación da Ordenanza Fiscal a nivel comercial ou a implementación de medidas para mellorar os circuítos de aproveitamento de excedentes alimentarios en establecementos de restauración.
Ademais desta páxina web, a “Alianza de Municipios pola Sustentabilidade nos Residuos” compleméntase con eventos presenciais. Nestes encontros, que reúnen a máis dun cento de representantes municipais e do sector do medio ambiente, preséntanse casos de éxito.
Fonte e imaxe: Ecovidrio