- A Comisión Europea pretende implementar o principio de eficiencia enerxética, prioridade para a UE, e contribuír aos obxectivos da economía circular.
- Estima que estas medidas, xunto coas etiquetas enerxéticas adoptadas o 11 de marzo, xerarán 167 TWh de aforro enerxético final por ano para 2030.
- Isto corresponde a unha redución de máis de 46 millóns de toneladas de CO2 equivalente, propiciando igualmente un aforro medio para os fogares europeos de 150 euros anuais.
- Os textos das medidas publicaranse no Diario Oficial da Unión Europea nas próximas semanas e entrarán en vigor 20 días despois.
Cerceda, a 11 de outubro de 2019.- A fin de reducir a pegada de carbono en Europa e propiciar un aforro económico para os cidadáns, a Comisión Europea adoptou o pasado 1 de outubro novas medidas de deseño ecolóxico orientadas a electrodomésticos tales como refrixeradores, lavadoras, lavavaixelas e televisores. Con isto pretende implementar o principio de eficiencia enerxética, prioridade para a UE, contemplando o srequisitos de reparabilidade e reciclabilidade e, polo tanto, contribuíndo aos obxectivos da economía circular.
A Comisión estima que estas medidas, xunto coas etiquetas enerxéticas adoptadas o 11 de marzo , xerarán 167 TWh de aforro enerxético final por ano para 2030, o que equivale ao consumo anual de enerxía de Dinamarca e corresponde a unha redución de máis de 46 millóns de toneladas de CO2 equivalente, propiciando así mesmo un aforro medio para os fogares europeos de 150 euros anuais.
Estes aforros súmanse aos alcanzados polos requisitos existentes de deseño ecolóxico e etiqueta enerxética, que se agarda que xeren un aforro de enerxía anual de ao redor de 150 Mtep (millóns de toneladas equivalentes de petróleo) para 2020, aproximadamente equivalente ao consumo anual de enerxía primaria de Italia. Para os consumidores, isto xa significa un aforro promedio de ata 285 euros/ano nas súas facturas de enerxía domésticas.
Os textos das medidas publicaranse no Diario Oficial da Unión Europea nas próximas semanas e entrarán en vigor 20 días despois.
O vicepresidente de Emprego, Crecemento, Investimento e Competitividade da Comisión Europea, Jyrki Katainen, manifestou ao respecto que “Xa sexa fomentando a reparabilidade ou mellorando o consumo de auga, o deseño ecolóxico intelixente fainos usar os nosos recursos de xeito máis eficiente, traendo claros beneficios económicos e ambientais”.
Pola súa banda, o comisario europeo de Acción Climática e Enerxía, Miguel Arias Cañete, indicou que “Xunto con etiquetas enerxéticas máis intelixentes, as nosas medidas de deseño ecolóxico poden aforrar moito diñeiro aos consumidores europeos e axudar á UE a reducir as súas emisións de gases de efecto invernadero. O deseño ecolóxico é, polo tanto, un elemento clave na loita contra o cambio climático e unha contribución directa ao cumprimento dos obxectivos establecidos no Acordo de París”.
A directora xeral de BEUC (Asociación Europea de Consumidores), Monique Goyens, sinalou que “Os novos requisitos de reparación axudarán a mellorar a vida útil dos electrodomésticos cotiáns que actualmente fallan demasiado rápido. É crucial vincular a tendencia actual de "descarte", que esgota os recursos naturais e baleira os petos dos consumidores”.
Fonte: Comisión Europea
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación