- Veñen de lanzar conxuntamente a campaña “Dixitalización sostible”, coa que pretenden implicar ao tecido empresarial na recollida selectiva de ordenadores e tabletas en centros laborais para que sexan reacondicionados e entregados a grupos sociais que os necesiten.
Cerceda, a 12 de novembro de 2020.- A crise sanitaria e económica que atravesamos evidenciou e afondou aínda máis na brecha dixital existente no noso país.
Ante este escenario, a Fundación CEOE e os principais sistemas colectivos de reciclaxe de residuos electrónicos -entre eles os administrados por Recyclia, Ecoasimelec, Ecofimática e Ecolum- formalizaron unha alianza para impulsar unha campaña que reduza a brecha dixital e favoreza o acceso universal á tecnoloxía por parte de colectivos desfavorecidos.
Baixo a denominación “Dixitalización sostible”, os impulsores desta iniciativa promoverán a implicación do tecido empresarial na recollida selectiva de ordenadores e tabletas en centros laborais co obxectivo de dar unha segunda vida a estes equipos.
Con tal fin, serán reacondicionados e entregados a centros educativos e de formación, a menores e persoas en risco de exclusión, a residencias de maiores e a outros grupos sociais que os necesiten.
Para facilitar a recollida selectiva dos dispositivos en desuso, os sistemas colectivos participantes porán contedores a disposición das empresas. As interesadas en colaborar nesta iniciativa poden contactar con Recyclia (no correo fundaciones@recyclia.es ou no teléfono 914170890).
Fonte e imaxe: Recyclia