- Cofinanciado polo Fondo Social Europeo, alcanza xa a súa terceira edición e realizarase en catro comunidades autónomas, entre as que figura Galicia.
- O seu obxectivo é formar a 70 persoas nas oportunidades que ofrece a economía circular e a súa contribución á mellora do medio ambiente.
Cerceda, a 17 de outubro de 2022.- A Fundación Equipo Humano puxo en marcha o proxecto ‘Change Makers’, a través do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade, co obxectivo de lograr un cambio de visión empresarial para promover, en empregados e compañías, a cultura da economía circular e empoderalos como axentes do cambio no novo marco económico.
Cofinanciado polo Fondo Social Europeo, este programa alcanza xa a súa terceira edición e realizarase en catro comunidades autónomas: Galicia, Asturias, Andalucía e a Comunidade Valencia, onde formará a 70 persoas nas oportunidades que ofrece a economía circular e a súa contribución á mellora do medio ambiente.
Nas dúas edicións anteriores, máis de 200 persoas e 100 empresas formáronse en green márketing ou ecoinnovación, entre outras materias, conseguindo “Change Makers” un ratio de inserción laboral dos participantes do 40% en empresas e organizacións concienciadas co desenvolvemento sostible.
Os participantes acredítanse como Axentes de Transformación Circular, que os certifica como motivadores de cambio, para que, desde as empresas nas que traballen, axuden a deseñar e xestionar alternativas viables para o futuro da economía, do planeta e da nosa sociedade.
O programa realizarase 100% en liña e conta con recoñecidos expertos en economía circular como parte do equipo de catorce profesionais que impartirán os cursos.
Fonte: Solar News
Imaxe: Pixabay