- Estímase que no ano 2050 case sete de cada dez persoas vivirán en zonas urbanas e máis do 90% deste crecemento terá lugar nos países en desenvolvemento.
- As urbes son responsables do 70% das emisións mundiais de CO2, polo que lograr a neutralidade climática para 2050 depende en boa medida das decisións que se adopten nas mesmas.
- O Secretario Xeral da ONU móstrase convencido de que a crise climática poderíase revertir, xa que dispoñemos dos coñecementos, a tecnoloxía e os recursos para responder aos desafíos do cambio climático e fomentar o desenvolvemento sostible.
Cerceda, a 17 de outubro de 2019.- “As cidades son o lugar onde en gran parte se gañará ou se perderá a batalla climática”. Así o manifestou en Copenhague António Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas, con motivo do Cume Mundial de Alcaldes, coñecido como C40, unha rede de urbes comprometidas na loita contra o cambio climático.
Estímase que no ano 2050 case sete de cada dez persoas vivirán en zonas urbanas e máis do 90% deste crecemento terá lugar nos países en desenvolvemento. Neste sentido, Guterres apelou ao liderado dos alcaldes en varias áreas de actuación como, por exemplo, a coordinación dos seus procedementos en materia de infraestruturas, ordenación territorial e planificación urbana, os sistemas de transporte, a eliminación de residuos e os investimentos en relación co Acordo de París, a Nova Axenda Urbana e os Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS).
As urbes son responsables do 70% das emisións mundiais de CO2, polo que lograr a neutralidade climática para 2050 depende en boa medida das decisións que se adopten nas mesmas, de aí que o máximo responsable da ONU inste aos rexedores a levar a cabo unha planificación respectuosa co clima.
Recoñeceu que a urxencia climática representa unha ameaza para a viabilidade das comunidades humanas e enfatizou a necesidade de estabilizar en 1,5 graos a temperatura media do planeta. “Para logralo, debemos reducir as emisións (de dióxido de carbono) alomenos nun 45% para 2030 e lograr a neutralidade climática para 2050. Non obstante, os actuais plans de acción nacionais sobre o clima non nos achegan en absoluto a estes obxectivos. Dirixímonos a un aumento catastrófico de 3 graos ou máis”.
A xuízo de Guterres, esta situación poderíase revertir, xa que dispoñemos dos coñecementos, a tecnoloxía e os recursos para responder á urxencia climática e fomentar o desenvolvemento sostible.
Fonte: ONU
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación