- Este Marketplace ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento de proxectos de economía circular para que fabricantes, produtores ou distribuidores de aparellos eléctricos e electrónicos dean unha segunda vida aos seus excedentes de stocks ou ben aos procedentes de devolucións de clientes en perfecto estado
Cerceda, a 4 de decembro de 2023.-Circular Place celebrou a Semana Europea da Redución de Residuos destinando 48.788 unidades de aparellos eléctricos doados para o seu posterior uso en ONGs e escolas de formación profesional.
Este Marketplace ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento de proxectos de economía circular para que fabricantes, produtores ou distribuidores de aparellos eléctricos e electrónicos dean unha segunda vida aos seus excedentes de stocks ou ben aos procedentes de devolucións de clientes en perfecto estado. Desde a súa creación, rexistrou 102 organizacións adheridas que realizaron un total de 430 doazóns.
Desta forma, coa súa actividade tamén contribúe á protección do medio ambiente, xa que propicia que decenas de milleiros de residuos de aparellos electrónicos e eléctricos teñan unha nova vida e, ademais, cun obxectivo solidario, é dicir, axudando a colectivos vulnerables, mellorando a formación técnica dos futuros profesionais e tamén facilitando que os fabricantes cumpran coa recente prohibición de destruír produtos novos non vendidos.
Cabe destacar que Circular Place (creado polos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor de aparellos eléctricos e electrónicos, Ambilamp, Ecoasimelec, Ecofimática, Ecolec, ECOLUM, Eco-Raee´s, Ecotic e European Recycling Platform) garante aos fabricantes o uso e destino correcto dos produtos doados, seleccionando e homologando previamente ás organizacións sen ánimo de lucro que participan no Marketplace, sendo o produtor o que decida en última instancia a quen e cando se realiza a doazón.
Fonte e imaxe: Circular Place