- Promover unha conciencia ecolóxica, pasar tempo na natureza, evitar o medo a un futuro cualificado como “apocalíptico” e trasladar os coñecementos sobre as negativas consecuencias do consumo indiscriminado, son algunhas das accións para levar a cabo.
Cerceda, a 26 de xaneiro de 2022.- No marco do Día Mundial da Educación Ambiental, que se celebra hoxe, cabe lembrar que, se ben a responsabilidade de lograr unha contorna sostible é de todos, resulta clave que as familias se involucren para que nenos e mozos se comprometan coa preservación do medio ambiente e desenvolvan a súa capacidade crítica.
Entre as actividades destacadas para mellorar a relación dos nosos fillos coa contorna, figuran as seguintes.
- Promover unha conciencia ecolóxica, xa que o compromiso coa sustentabilidade debe ser real e manterse no tempo.
- Pasar tempo na natureza, pois promover unha conciencia ecolóxica resultará complexo se non hai contacto real co medio natural. Se os mozos ovdescoñécen e non forma parte da súa realidade, é moi difícil que os seus actos traten de protexelo.
- Evitar o medo a un futuro apocalíptico, xa que se deben traballar as emocións desde as imaxes positivas do planeta e o amor cara ao mesmo.
- Formar no consumo alimentario co fin de que os nosos fillos saiban o que consomen, de onde proveñen os alimentos e que consecuencias ten o consumo indiscriminado. Deben interiorizar cales son as consecuencias do desperdicio de comida ou da explotación indiscriminada dos recursos para a obtención de produtos alimentarios.
Resulta indispensable que a educación ambiental no ámbito familiar estea apoiada pola educación ambiental na escola, dando nesta máis peso ás actividades en contacto coa natureza.
Neste marco, xa apareceron as primeiras Ecoescolas, lugares onde o ensino se centra na relación co medio.
Así mesmo, as cidades tamén deben cambiar para converterse en espazos máis abertos e seguros, procurando que os pequenos poidan crecer en contacto coa realidade ambiental.