- No marco do Ecoencontro celebrado en días pasados, o conselleiro delegado de Recyclia, José Pérez, repasou os exitosos resultados logrados por esta entidade durante o último ano, situándoa como exemplo da eficacia do modelo español en Europa.
- Sinalou que Recyclia xestionou 49.757 toneladas de residuos electrónicos e de pilas e baterías en 2018, o que representa un crecemento do 39% respecto de 2017.
- Para alcanzar esta cifra, puxo especial énfase no esforzo realizado para achegar a reciclaxe ao consumidor a través das infraestruturas e medios necesarios: 55.000 puntos de recollida ata 2018, que se incrementarán este ano, chegando aos 59.000.
Cerceda, a 7 de novembro de 2019.- No marco do Ecoencontro celebrado en días pasados en Madrid, e promovido por Recyclia co obxectivo de reunir ao sector da reciclaxe electrónica de España para analizar o contexto actual e futuro, destacouse o papel clave do consumidor na reciclaxe dos residuos de aparellos electrónicos e, polo tanto, no cumprimento do obxectivo establecido pola Unión Europea: xestionar 450.000 toneladas deste material en 2019 (150.000 máis que en 2018).
En consecuencia, aplicar a economía circular á xestión e tratamento dos RAEE resulta esencial para aforrar recursos e loitar contra o cambio climático.
O conselleiro delegado de Recyclia, José Pérez, repasou os exitosos resultados logrados por esta entidade durante o último ano, situándoa como exemplo da eficacia do modelo español en Europa.
Sinalou que Recyclia xestionou 49.757 toneladas de residuos electrónicos e de pilas e baterías en 2018, o que representa un crecemento do 39% respecto de 2017. Para alcanzar esta cifra, puxo especial énfase no esforzo realizado para achegar a reciclaxe ao consumidor a través das infraestruturas e medios necesarios: 55.000 puntos de recollida ata 2018, que este ano se transformarán en 59.000. Un total de 44.000 corresponden a contedores para pilas, practicamente un por cada 1.000 habitantes, o que converte ao noso país no segundo de Europa por puntos de recollida destes residuos, só superado por Alemaña.
A xuízo de José Pérez, este balance demostra a eficacia dos sistemas colectivos, un modelo polo que xa optan o 98% dos produtores e importadores de aparellos electrónicos e de pilas e baterías de España.
Con todo, subliñou que “para mellorar estes resultados, os sistemas debemos contar cun marco xurídico estable e seguro”, ao que engadiu que “temos unha normativa que non acaba de funcionar e de desenvolverse, polo que non podemos perder a oportunidade de mellora que supón a incorporación ao noso ordenamento xurídico do paquete de medidas sobre economía circular aprobado pola Unión Europea”.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación