- Baixo a organización de ATEGRUS, en colaboración con ISWA, celebrarase do 7 ao 9 de outubro en Bilbao, prevendo contar coa asistencia de 1.500 persoas.
- Baixo o lema “Economía circular. Que estás facendo ti?” deseñouse un ambicioso programa científico, técnico e divulgativo que se nutrirá coas achegas, o coñecemento e a bagaxe dos maiores expertos medioambientais a nivel mundial.
- Charles Moore, Nicola Cerantola, Mario Picazo e Antonis Mavropoulos son algúns dos grandes nomes que formarán parte dunha cita única na que se reservará unha sesión especial para América Latina e O Caribe.
- Así mesmo, ISWA 2019 disporá dunha zona de exposición onde empresas, institucións e organizacións contarán cun espazo para presentar os seus produtos e servizos a potenciais clientes.
- O colofón poñeranno unha serie de visitas técnicas a instalacións de tratamento de residuos.
Cerceda, a 9 de setembro de 2019.- Comeza a conta atrás para a celebración de ISWA 2019, o congreso internacional de maior envergadura en xestión de residuos que se celebrará do 7 ao 9 de outubro en Bilbao (Pazo Euskalduna) e cuxa organización corre a cargo de ATEGRUS (Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medioambiente), en colaboración coa International Solid Waste Association (ISWA), alcanzando a súa edición número 29.
PROGRAMA REDONDO
Baixo o lema “Economía circular. Que estás facendo ti?” ambicioso programa científico, técnico e divulgativo que se nutrirá coas achegas, o coñecemento e a bagaxe dos maiores expertos medioambientais a nivel mundial. Non en van, espérase recibir a máis de 1.500 profesionais, cargos políticos, altos executivos, empresarios, estudiosos e investigadores do sector procedentes de distintos puntos do planeta.
A xestión sostible dos residuos, a economía circular e a eficiencia dos recursos centrarán os grandes bloques temáticos a abordar, cobrando protagonismo, entre outras áreas, as cidades sostibles, as novas tecnoloxías ambientais, a innovación dixital, a industria 4.0, o cambio climático, a innovación social, o desperdicio alimentario, o lixo mariño, o futuro dos plásticos, a compostaxe, os contedores intelixentes, a concienciación cidadá, a educación ambiental, o papel da valorización enerxética e un longo etcétera de cuestións de gran interese para un público diverso.
Charles Moore, Capitán no buque de investigación oceanográfica Alguita; Nicola Cerantola, Fundador e Director de Ecoloxía, ademais de experto do PNUMA; Mario Picazo, experto en clima de Pelmorex Media; e Antonis Mavropoulos, Presidente de ISWA, son algúns dos grandes nomes que formarán parte dunha cita única na que se reservará unha sesión especial para América Latina e O Caribe.
Así mesmo, ISWA 2019 disporá dunha zona de exposición onde empresas, institucións e organizacións contarán cun espazo para presentar os seus produtos e servizos a potenciais clientes, servindo o encontro para a creación de redes e o contacto directo con responsables políticos, científicos, técnicos e empresarios.
O programa culminará cunha serie de visitas técnicas a instalacións de tratamento de residuos, entre elas o recén construído Complexo Ambiental Zubieta, en San Sebastián.
A tarifa establecida para os interesados en asistir a esta cita única inclúe todas as sesións do congreso, actas, xantares e cafés, cóctel de benvida no Museo Guggenheim de Bilbao, cóctel de despedida, cea do Congreso e bolsa do Congreso.
Ademais, a organización incluíu no sitio web oficial do evento información de gran utilidade en canto a aloxamento, lugares de interese para visitar, etc.
SOSTIBILIDADE EN MAIÚSCULAS
O enfoque e alcance de ISWA 2019 atópanse en plena sintonía coa filosofía deste congreso: lograr un planeta no que os residuos se vexan reducidos e se recolllan e xestionen de forma correcta e conforme á normativa vixente, asegurando así un medio ambiente limpo e saudable.
Toda a información en https://iswa2019.org/
Saúdos, Departamento de Comunicación