- Este financiamento axudará a alcanzar os ambiciosos obxectivos destes proxectos no ámbito do medio ambiente, a natureza e a acción polo clima.
- O importe representa un incremento do 37 % respecto ao do pasado ano.
Cerceda, a 26 de novembro de 2020.-A Comisión Europea aprobou un paquete de investimentos de máis de 280 millóns de euros, con cargo ao orzamento da UE, para os 120 novos proxectos do programa LIFE e que foron seleccionados entre as máis de 1.250 solicitudes presentadas na convocatoria de propostas LIFE 2019. O importe representa un incremento do 37 % respecto ao do pasado ano.
Os proxectos, seleccionados entre as máis de 1.250 solicitudes presentadas na convocatoria de propostas LIFE 2019, contribuirán a que se alcancen os obxectivos do Pacto Verde Europeo, co seu apoio á Estratexia da UE sobre Biodiversidade e ao Plan de acción para a economía circular, contemplando igualmente a recuperación ecolóxica da pandemia do COVID-19 e a pretensión de que Europa se converta nun continente climáticamente neutro de aquí a 2050.
Os proxectos LIFE tamén apoian a redución do consumo enerxético nos edificios novos a través do desenvolvemento de solucións hipocarbónicas universais e asequibles que poidan reducir o consumo de enerxía en máis dun 40 %.
Os fondos poderán destinarse igualmente a proxectos para previr o despilfarro de alimentos e culminar nunha mellor xestión dos residuos, en sintonía co novo Plan de acción para a economía circular.
As CIFRAS
- Os 34 proxectos LIFE dedicados á natureza e a biodiversidade apoiarán a aplicación de as Directivas da UE sobre aves e hábitats, así como a Estratexia da UE sobre biodiversidade para 2030. Contan cun orzamento total de 221 millóns de euros, dos cales 133 millóns correrán a cargo da UE.
- Os 47 proxectos LIFE dedicados ao medio ambiente e a eficiencia no uso dos recursos mobilizarán 208 millóns de euros, dos cales 76 millóns correrán a cargo da UE. Eses proxectos abarcan actuacións en cinco ámbitos: aire, medio ambiente e saúde, eficiencia no uso dos recursos e economía circular, residuos, e auga.
- Os 8 proxectos LIFE dedicados á gobernanza e información medioambientais, de case 17 millóns de euros, nos que a contribución da UE será lixeiramente superior a 9 millóns de euros, sensibilizarán á opinión pública sobre os problemas medioambientais e axudarán ás autoridades públicas a promocionar, supervisar e facer cumprir a lexislación medioambiental da UE.
- Os 16 proxectos LIFE dedicados á mitigación do cambio climático contarán cun orzamento total de preto de 86 millóns de euros, dos cales algo menos de 32 millóns provirán da UE.
- Os 15 proxectos LIFE dedicados á adaptación ao cambio climático mobilizarán 50 millóns de euros, 26 millóns dos cales procederán de fondos da UE.
- Os 3 proxectos LIFE dedicados á gobernanza e información climáticas mellorarán a gobernanza e a sensibilización sobre o cambio climático, cun orzamento total de 7 millóns de euros, dos cales a achega da UE é de case 4 millóns.
SOBRE O PROGRAMA LIFE
O Programa LIFE é o instrumento de financiamento da UE nos ámbitos do medio ambiente e a acción polo clima. Funciona desde 1992 e cofinanciou máis de 5.500 proxectos en toda a UE e en terceiros países.
En todo momento están en curso uns 1.100 proxectos. O orzamento para o período 2014-2020 ascende a 3.400 millóns de euros a prezos correntes. Para o próximo orzamento da UE a longo prazo (2021-2027), a Comisión propón aumentar o financiamento para o programa LIFE en case o 60 %.
Fonte e imaxe: Comisión Europea