- A Convocatoria do Pacto Verde Europeo, financiada no marco de Horizonte 2020, impulsará a recuperación de Europa da crise do coronavirus, convertendo os retos ecolóxicos en oportunidades de innovación.
- O prazo para a presentación de propostas finaliza o 26 de xaneiro de 2021, e está previsto que os proxectos seleccionados comecen no outono de 2021.
Cerceda, a 18 de setembro de 2020.- A Comisión Europea decidiu lanzar unha convocatoria, cun orzamento de 1.000 millóns de euros, para proxectos de investigación e innovación que respondan á crise climática e axuden a protexer os ecosistemas e a biodiversidade.
A Convocatoria do Pacto Verde Europeo financiada no marco de Horizonte 2020, impulsará a recuperación de Europa da crise do coronavirus, convertendo os retos ecolóxicos en oportunidades de innovación.
Dada a urxencia dos mesmos, o seu obxectivo é lograr resultados claros e perceptibles a curto e medio prazo, pero cunha perspectiva de cambio a longo prazo. Hai menos accións, pero máis específicas, máis amplas e visibles, centradas na escalabilidade, a difusión e a adopción rápidas.
Agárdase que os proxectos financiados ofrezan resultados con beneficios tanxibles en dez ámbitos:
Oito ámbitos temáticos, isto é, aumento do nivel de ambición respecto do clima; enerxía limpa, asequible e segura; industria para unha economía limpa e circular; edificios eficientes desde o punto de vista enerxético e dos recursos; mobilidde sostible e intelixente; estratexia «da granxa á mesa»; biodiversidade e ecosistemas; contaminación cero, contornas sen sustancias tóxicas
E dous ámbitos horizontais para reforzar o coñecemento e capacitar aos cidadáns.
A convocatoria inclúe oportunidades de cooperación internacional á hora de abordar as necesidades das nacións menos desenvolvidas, en particular en África, no contexto do París e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
O prazo para a presentación de propostas finaliza o 26 de xaneiro de 2021, e está previsto que os proxectos seleccionados comecen no outono de 2021.
SOBRE O PACTO VERDE EUROPEO
O Pacto Verde Europeo constitúe a folla de ruta da CE para converter a Europa no primeiro continente climáticamente neutro de aquí a 2050, cunha economía sostible. Para alcanzar este obxectivo, será necesario actuar en todos os sectores da economía: investir en tecnoloxías respectuosas co medio ambiente; apoiar á industria para que innove; implantar sistemas de transporte público e privado máis limpos, máis baratos e máis sans; descarbonizar o sector da enerxía; garantir que os edificios sexan máis eficientes desde o punto de vista enerxético; e colaborar con socios internacionais para mellorar as normas medioambientais mundiais.
Fonte: Comisión Europea
Imaxe: Pixabay