
- A iniciativa GreenData4All busca impulsar a transformación verde e dixital en Europa, facilitando o acceso e a reutilización dos datos ambientais
- A consulta está aberta ata o 30 de abril de 2025 e as propostas poden presentarse nos 24 idiomas da UE
Cerceda, ao 18 de febreiro de 2025.- A Comisión Europea lanzou unha consulta pública como parte da iniciativa GreenData4All, convidando a todos a compartir as súas ideas sobre como mellorar o acceso aos datos ambientais.
A consulta pública está dispoñible no portal "Díganos o que pensa" nos 24 idiomas da UE. As partes interesadas poden enviar os seus comentarios durante as doce semanas posteriores á súa publicación.
A iniciativa GreenData4All responde á crecente necesidade de mellorar o intercambio de datos ambientais. É esencial para desenvolver políticas eficaces que protexan o medio ambiente e apoien unha economía de datos sólida. Ao facer que os datos ambientais sexan máis accesibles, GreenData4All pretende apoiar a toma de decisións baseada en probas e empoderar ás empresas europeas para que creen servizos máis innovadores.
Obxectivos
- Mellorar o intercambio de datos e contribuír a que sexan máis accesibles e reutilizables para todos os usuarios, impulsando así a competitividade e a innovación en toda a UE.
- Apoiar a política ambiental e, polo tanto, garantir que os datos ambientais sexan facilmente accesibles e satisfagan as necesidades dos usuarios finais, facilitando unha mellor implementación de políticas e toma de decisións.
- Promover a transformación dixital, isto é, promover un ecosistema coherente para o intercambio de datos ambientais, facendo que o marco legal existente estea aliñado con outra lexislación europea na materia.
A participación contribuirá a garantir que as normas actualizadas sobre datos xeoespaciais ambientais satisfagan as necesidades de todos os usuarios: dende os responsables políticos e as empresas ata o público en xeral.
A consulta convida a todas as partes interesadas a enviar os seus comentarios (cidadáns da UE, expertos en datos ambientais e xeoespaciais dos Estados membros, empresas, ONG, o mundo académico e os socios internacionais) r está aberta ata o 30 de abril de 2025. As propostas poden presentarse nos 24 idiomas da UE.
Fonte: Comisión Europea
Imaxe: Pixabay