- Recoñécese así o seu esforzo en acelerar a transición desde unha economía lineal a unha circular que protexa o medio ambiente e reduza as emisións de gases de efecto invernadoiro e que, ao mesmo tempo, sexa capaz de crear emprego, crecemento e investimento.
- É preciso recordar que, en 2015, a CE deu luz verde ao paquete de medidas sobre economía circular co obxectivo de utilizar os recursos de forma máis sostible, contemplando todo o ciclo de vida dos produtos e materiais, e facendo especial fincapé na correcta xestión dos residuos.
- Desde entón, a Comisión xa entregou máis do 90% das 54 accións previstas e o seu obxectivo é que a UE se converta, a nivel mundial, na primeira economía neutral co clima para o ano 2050.
Cerceda, a 4 de febreiro de 2019.- A Comisión Europea recibiu en Davos o Premio de Economía Circular 2019 outorgado polo Foro Económico Mundial e o Foro de Novos Líderes Mundiais como recoñecemento ao intenso labor que leva a cabo para acelerar a transición desde unha economía lineal, caracterizada polas malas prácticas de usar e tirar, a unha circular que protexa o medio ambiente e reduza as emisións de gases de efecto invernadoiro e que, ao mesmo tempo, sexa capaz de crear oportunidades de emprego, crecemento e investimento.
Cabe recordar que, en 2015, a Comisión Europea deu luz verde ao paquete de medidas sobre economía circular co obxectivo de utilizar os recursos de forma máis sostible, contemplando todo o ciclo de vida dos produtos e materiais: desde a produción e consumo ata a correcta xestión dos residuos producidos, debendo propiciar a reutilización dos mesmos como materia prima secundaria.
As medidas propostas inclúen tamén a loita contra o cambio climático, o aforro enerxético e a redución de emisións, así como a primeira Estratexia Europea de Plásticos. Desde entón, a Comisión xa entregou máis do 90% das 54 accións previstas.
A economía circular forma parte do proceso de modernización e transformación para que a Unión Europea se converta na primeira economía a nivel mundial neutral co clima para o ano 2050, segundo a estratexia a longo prazo presentada en novembro de 2018.
A transición recibirá axuda financeira dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (Fondos EIE), con 5.500 millóns para a xestión de residuos, e contará con 650 millóns de euros procedentes do programa Horizonte 2020 (programa de financiamento da investigación e innovación da UE) e de investimentos na economía circular a nivel nacional.
SOBRE O FORO ECONÓMICO MUNDIAL
O Foro Económico Mundial (Work Economic Forum, WEF), coñecido tamén como Foro de Davos, é unha fundación sen ánimo de lucro con sede en Xenebra e que se reúne cada ano no Monte de Davos (Suíza), onde se dan cita os principais líderes empresariais, os líderes políticos nacionais, así como xornalistas e intelectuais de prestixio, a fin de analizar os problemas máis acuciantes que sofre o mundo, incluíndo a saúde e o medio ambiente.
Fonte: Comisión Europea
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación