- Celebrarase do 20 ao 28 de novembro, constituíndo unha oportunidade para que os europeos impulsen e executen accións de concienciación e sensibilización sobre a xestión sostible dos recursos e os residuos.
- O que fai especial esta semana, que alcanza xa a súa 13 edición, é que na mesma danse cita todo tipo de colectivos e visibilízanse os esforzos investidos polos milleiros de voluntarios que alzan a voz en favor dun consumo responsable e a economía circular.
Cerceda, a 29 de outubro de 2021.- A Semana Europea da Prevención de Residuos (EWWR), que este ano se materializará do 20 ao 28 de novembro, constitúe unha oportunidade para que os europeos impulsen e executen accións de concienciación e sensibilización sobre a xestión sostible dos recursos e os residuos.
O que fai especial esta semana, que alcanza xa a súa 13 edición, é que na mesma danse cita todo tipo de actores (administracións, escolas, empresas, ONG, asociacións, cidadáns, etc) e visibilízanse os esforzos investidos polos milleiros de voluntarios que alzan a voz en favor dun consumo responsable que evite os produtos de usar e tirar, e que promova a economía circular. Así mesmo, abundan na necesidade de levar á práctica cada día o principio das 3R (Redución, Reutilización e Reciclaxe), ao tempo que realizan xornadas de limpeza como chamada de atención en relación á problemática que representa a elevada produción de lixo.
E precisamente a temática abordada nesta ocasión pon o foco nas comunidades circulares e no traballo conxunto para alcanzar un Planeta residuos cero.
Os obxectivos desta iniciativa son:
- Dar a coñecer as estratexias de redución de residuos e a política da UE, e dos seus Estados membros, nesta materia.
- Fomentar accións sostibles para reducir os residuos en toda Europa.
- Facer público as tarefas materializadas por diversos actores mediante exemplos concretos de redución de lixo.
- Promover o cambio no comportamento cotián dos europeos (consumo, produción de residuos, etc).
Máis información en https://ewwr.eu/esp/
Saúdos, Departamento de Comunicación