- No marco do proxecto medioambiental “Camiño da Reciclaxe”, voluntarios de “LIBERA” realizaron o Camiño ao revés para concienciar a todos os peregrinos cos que se cruzaban da importancia de manter un Camiño libre de lixo.
- O fin último desta iniciativa é que se lembre este Xacobeo 2021 coma o Ano Santo máis comprometido co medio ambiente e a reciclaxe da historia.
Cerceda, a 19 de xullo de 2021.- Conclúe a iniciativa “O Camiño ao revés”. Promovida por Ecoembes, forma parte do proxecto Camiño da Reciclaxe, co que se busca fomentar a reciclaxe e o respecto á natureza ao longo do Camiño de Santiago.
Trátase dunha actividade pioneira na que voluntarios do proxecto LIBERA comprometidos coa loita contra o abandono de lixo, concienciaron aos peregrinos que van cara a Santiago da importancia de coidar a contorna, reciclar e que así sexa o Camiño o que deixe pegada neles e non ao revés. En definitiva, que sexa o Ano Santo máis comprometido coa reciclaxe e o medio ambiente de todos os que se celebraron.
CAMIÑO DA RECICLAXE 2021
O proxecto medioambiental, posto en marcha en 2015, busca que os milleiros de peregrinos que anualmente percorren o Camiño de Santiago poidan separar e reciclar os distintos residuos que van xerando durante cada etapa, evitando así o abandono dos mesmos na natureza.
Está presente en 5 comunidades (Castela León, Asturias, A Rioxa, Navarra e Galicia) onde suman xa case 400 ecoalbergues ao longo de cinco Camiños (francés, inglés, portugués, norte e primitivo).
Este ano repartiranse entre os peregrinos máis de 142.000 bolsas reutilizables, elaboradas con PET reciclado, e “ Compostelas do Ecoperegrino” coas que se axudará a repoboar con árbores autóctonas diferentes zonas por onde pasa o Camiño de Santiago en Galicia e Asturias.
Como novidade este ano, máis dunha decena de oficinas de turismo distribuídas ao longo de distintos puntos de Galicia foron equipadas con carteis didácticos, papeleiras e uns mapas con código BIDI para atopar de forma fácil todas as hospedaxes que colaboran no proxecto.
Fonte e imaxe: Ecoembes