- Promovido polo Instituto Tecnolóxico Téxtil, está cofinanciado polos Fondos FEDER da UE.
- Os fiados obtidos no marco desta iniciativa son medioambientalmente sostibles e respectuosos coa contorna debido ao uso de materiais poliméricos reciclados.
Cerceda, a 2 de marzo de 2021.- O Instituto Tecnolóxico Téxtil (AITEX) finalizou a execución do proxecto MARNET, cofinanciado polos Fondos FEDER da Unión Europea e orientado cara ao desenvolvemento de novos fiados téxtis baseados en fibras de poliamida obtida a partir da reciclaxe de redes de pesca. Esta poliamida foi funcionalizada e mesturada con fibras naturais (algunhas recicladas) para o seu posterior uso en aplicacións técnicas. Os fiados obtidos son medioambientalmente sostibles e respectuosos coa contorna debido ao uso de materiais poliméricos reciclados.
Ao longo do proxecto realizáronse probas de fiadura con diversas materias primas, composicións (mesturas con algodón, algodón reciclado e la) e porcentaxes, coas que se conseguiron novos tecidos sostibles, con boas propiedades físico-químicas e capaces de competir cos produtos téxtis existentes no mercado actual.
RESULTADOS
Coa execución de MARNET desenvolvéronse “blends”, fíos, fiados e tecidos demostradores a partir de poliamida reciclada redes de pesca. Máis concretamente, os resultados obtidos foron os seguintes:
• Novas formulacións en base poliamida reciclada cos distintos aditivos FR, FIR, IN, UPF, UV, ademais de realizar unha detallada caracterización térmica de cada un deles.
• Fíos multifilamento mediante a fiadura por fusión de poliamida reciclada coas diferentes formulacións obtidas, todas elas con excelentes propiedades mecánicas.
• Fibras multifilamento con diferentes seccións (“Trilobal” e en forma de “ C”) con moi boas propiedades mecánicas.
• Novos fiados open- end a partir da poliamida funcionalizada obtida e de fibras naturais (algodón reciclado e la). Estes fiados presentan características únicas, destacando a súa tenacidade, resistencia á abrasión e o efecto das funcionalidades achegadas polos diferentes aditivos engadidos.
• Tecidos demostradores a partir dos fiados que, debido ás súas características, poden ser destinados a aplicacións técnicas. Ademais, desenvolveuse un deseño de confección a modo de prototipo demostrador.
Máis información en: https://www.aitex.es/portfolio/marnet-investigacion-de-fibras-de-poliamida-funcionalizada-a-partir-del-reciclaje-de-redes-de-pesca/
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay