- Celébrase esta mesma semana (23-25 de xaneiro), sendo o seu obxectivo fortalecer a cooperación para lograr a implementación efectiva e eficiente do Marco Mundial de Biodiversidade de Kunming-Montreal (2022)
- A situación é crítica: un millón de especies están ameazadas de extinción, moitas delas en cuestión de décadas
Cerceda, a 23 de xaneiro de 2024.- A biodiversidade é fundamental para o benestar da humanidade, a saúde do planeta e a prosperidade económica. Con todo, a diversidade de especies e ecosistemas diminúe a un ritmo máis rápido que en calquera outro momento da historia debido ao cambio no uso das terras e os océanos, a explotación directa de moitos organismos, o cambio climático, a contaminación e a propagación de especies invasoras.
A día de hoxe, a situación é crítica: un millón de especies están ameazadas de extinción, moitas delas en cuestión de décadas.
O Marco Mundial de Biodiversidade de Kunming-Montreal (2022) puxo en marcha un plan para transformar a relación das nosas sociedades coa biodiversidade, e a Conferencia de Berna III (23-25 de xaneiro de 2024) ten precisamente por obxecto fortalecer a cooperación para lograr a implementación efectiva e eficiente deste Marco, respectando ao mesmo tempo os sucesivos mandatos das convencións relacionadas coa biodiversidade, así coma outros acordos multilaterais pertinentes e das Nacións Unidas.
Os resultados da Conferencia de Berna III promoverán efectivamente o uso de sinerxías entre as Partes e as Secretarías na implementación do GBF, e estarán dispoñibles para informar as discusións que se levarán a cabo baixo os procesos de gobernanza relevantes dos AAM como oportunidades para unha maior participación.
Fonte e imaxe: ONU