- A organización tamén se fixo eco dos perniciosos efectos dos microplásticos no solo e a historia das bolsas plásticas, desde o seu máximo apoxeo ata a súa decadencia.
- A diminución do elevado consumo de carne para combater o cambio climático, o informe sobre a Brecha de Emisións 2018 e os crimes contra a vida silvestre foron outras das cuestións que concentraron gran atención.
Cerceda, a 2 de xaneiro de 2019.- O sitio web de ONU Medio Ambiente faise eco das dez novas máis lidas do ano 2018, destacando, entre outras, as iniciativas que teñen por obxecto a loita contra os residuos plásticos e a contaminación do aire.
A campaña “Sen contaminación por Plásticos”, que liderou o Día Mundial do Medio Ambiente, explica como un material con múltiples prestacións converteuse nun problema para a contorna, afectando de forma moi negativa á saúde dos océanos e, xa que logo, á integridade dos ecosistemas mariños, a fauna, a pesca, o turismo e a propia cadea alimentaria da humanidade. Os expertos advirten que, de seguir este ritmo de consumo, en 2050 haberá máis plásticos que peixes no mar.
A organización tamén se fixo eco dos perniciosos efectos dos microplásticos, toda vez que un terzo dos residuos plásticos acaban no solo ou na auga doce, pasando aos alimentos, así como da contaminación do aire e a súa incidencia sobre o deterioro cognitivo nas persoas maiores.
A historia das bolsas de plástico, desde o seu máximo apoxeo ata a súa decadencia a través de leis que apostan pola súa prohibición, constitúe tamén unha evidencia das distintas accións para combater a expansión do plástico. Destácanse os logros dun país como Israel, que conseguiu diminuír nun 80% o uso de bolsas plásticas a través dunha normativa que esixe que as empresas cobren aos consumidores por este artigo.
No marco da loita contra o cambio climático e a diminución do excesivo consumo de carne, ONU narrou a historia de dúas compañías que crearon e comercializaron hamburguesas baseadas en plantas, unha innovación que recibiu o premio Campións da Terra 2018.
O informe sobre a Brecha de Emisións 2018 resultou igualmente impactante, conseguindo remover conciencias e comunicar con nitidez as razóns polas que é necesario aumentar a ambición climática. Trátase dunha historia que revela a sorprendente brecha que se interpón entre o que o mundo debería facer para reducir as emisións e previr os efectos máis perigosos do cambio climático e o que se propuxo facer ata o de agora.
Pola súa banda, a organización segue incidindo nos crimes contra a vida silvestre como é o caso do comercio de pangolines que, malia a súa prohibición, segue en aumento, sendo o mamífero máis traficado no mundo, ademais de especie en perigo de extinción.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación