- Terá lugar entre os días 12 e 16 e acollerá diversas sesións de redes profesionais, seminarios web e reunións telemáticas.
- Así o anunciou recentemente o Bureau of International Recycling (BIR), federación mundial de industrias da reciclaxe que representa ao redor de 30.000 empresas recicladoras de máis de 70 países.
Cerceda, a 28 de setembro de 2020.- As restricións impostas pola pandemia do COVID-19 obrigaron a que este ano a Convención Mundial da Reciclaxe, que ía celebrarse presencialmente en Bruxelas os días 12 e 13 de outubro, teña lugar en formato virtual, acollendo, do 13 ao 16, diversas sesións de redes profesionais, seminarios web e reunións telemáticas.
Así o anunciou recentemente o Bureau of International Recycling (BIR), federación mundial de industrias da reciclaxe que representa da orde de 30.000 empresas recicladoras de máis de 70 países.
Neste contexto, o presidente de BIR, Tom Bird, sinalou que “Entritécenos enormemente que as circunstancias actuais non nos permitan ofrecer aos nosos membros a tan esperada Convención Mundial da Reciclaxe que preparamos tan cuidadosamente”, ao que engadiu que “Esperabamos que a principios de setembro as restricións xerais de movementos e as regulacións de saúde nos permitan seguir adiante co evento físico planeado. Unha Convención BIR segura e exitosa para todos os involucrados era a nosa primeira prioridade. Debido ás circunstancias aínda imprevisibles, este obxectivo lamentablemente xa non é factible. Asegurarémonos de que as reunións virtuaos e as sesións comerciais permitan aos nosos membros ofrecer as mellores condicións marco para o éxito dos seus negocios. Poden agardar a mesma calidade de contido e oportunidades innovadoras de networking que durante o noso evento físico”.
A secretaría do BIR distribuirá próximamente información máis detallada sobre o formato do evento, o programa da convención e as condicións de participación.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: BIR