-
Terá lugar o próximo 1 de xuño e enmárcase no Día Mundial do Medio Ambiente
-
O obxectivo é motivar a que cidadáns, empresas, administracións públicas e colectivos saian á zona natural máis próxima para liberala de residuos
Cerceda, a 8 de maio de 2024.-O Proxecto Libera, promovido por SEO/BirdLife, en colaboración con Ecoembes, convoca unha nova edición de “1m2 contra a basuraleza”, que terá lugar o próximo 1 de xuño e que se enmarca na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño).
O obxectivo desta iniciativa é motivar a que cidadáns, colectivos, empresas e administracións públicas saian á zona natural máis próxima (praias, ríos ou montes) e a liberen de residuos, favorecendo deste xeito unha mellora do estado de conservación da biodiversidade, á vez que se convida a unha reflexión sobre o actual modelo de produción e consumo.
A persoas interesadas en ser parte activa da loita contra a basuraleza e en unirse a esta próxima acción, poderán facelo a través de tres modalidades:
- Creando e coordinando un punto de recollida en calquera espazo natural de España (ata o 26 de maio).
- Inscribíndose, ata o 31 de maio, nalgún dos puntos xa creados e que poden consultarse no mapa da web de Libera.
- Difundindo a campaña a través das redes sociais mediante os hashtags #Libera1m2 e #ProyectoLIBERA.
Así mesmo, a través da app "Basuraleza", desenvolvida polas asociacións Paisaje Limpio e Vertidos Cero, en colaboración co proxecto Libera, os participantes que o desexen poderán realizar un labor de identificación dos refugallos recollidos e axudar a radiografiar os espazos naturais.
Máis información en: https://proyectolibera.org/campanas-medioambiente/1m2/contra-basuraleza