- A través dos mesmos, a Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia recoñece aquelas iniciativas e proxectos en favor do medio ambiente e o desenvolvemento sostible da nosa comunidade.
- O prazo para a presentación de candidaturas culminará o próximo 2 de abril.
Cerceda, a 12 de marzo de 2021.- A Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA), á que pertence Sogama, avanza nos preparativos da que será a quinta edición dos seus Premios ‘Medio Ambiente’, o certame bienal co que esta organización recoñece aquelas iniciativas e proxectos en favor do medio ambiente e o desenvolvemento sostible da nosa comunidade.
O premio ‘Medio Ambiente APROEMA’, consta de catro modalidades diferentes: entidades públicas, empresas, entidades privadas e centros académicos.
Os interesados en participar deberán ter implementado, durante o período 2018-2020, un proxecto ambiental innovador nalgún dos seguintes ámbitos: a conservación e mellora da contorna natural galega, xestión de residuos, valorización, campañas de concienciación ambiental e outras áreas que consideren de interese.
O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor o esforzo realizado por determinadas entidades na instauración de iniciativas que contribúan á transición cara a un modelo económico circular que minimice o consumo de materias primas, recupere os residuos xerados como recursos valiosos para o proceso produtivo e promova a eficiencia enerxética.
Dado que a actual conxuntura económica formula un desafío aos investimentos en medio ambiente, APROEMA ten especial interese en destacar o traballo daquelas entidades que, pese a todo, seguen apostando polo desenvolvemento sostible.
O xurado que avaliará as candidaturas estará formado por representantes do sector ambiental galego e terá en conta o impacto social e ambiental das mesmas, a súa achega innovadora e o seu grao de transferibilidade e continuidade.
O prazo para a presentación de candidaturas culminará o próximo 2 de abril.
Na organización dos premios colaboran as seguintes institucións e entidades: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Universidade de Santiago de Compostela, Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Sogama e Ecoembes.
A entrega dos galardóns terá lugar o 3 de xuño a través dun acto mixto: virtual e presencial.
Máis información en: https://bit.ly/2Yf9fSt
Fonte: Aproema
Imaxe: Pexels