- O obxectivo desta iniciativa, promovida polo Grupo BASF e o Club de Excelencia en Sostenibilidad, é recoñecer aqueles proxectos e accións que contribúan á economía circular e que fagan fronte ao desafío dos recursos naturais limitados.
- O prazo para a presentación de candidaturas conclúe o próximo 15 de xullo.
Cerceda, a 6 de xullo de 2020.- O Grupo BASF e o Club de Excelencia en Sostenibilidad convocaron a segunda edición dos premios á Mellor Práctica de Economía Circular en España co obxecto de recoñecer aqueles proxectos e iniciativas que contribúan á economía circular e que fagan fronte ao desafío dos recursos naturais limitados. Isto é,
- Subministro circular: aproveitamento de materiais reciclados e reutilizables, no canto de materiais novos.
- Recuperación de recursos a través de procesos innovadores que permitan impactar de forma positiva na cadea de valor.
- Estender a vida do produto a través da recuperación, revenda ou a innovación e o eco-deseño.
- Plataformas para compartir produtos ou servizos: conectar a usuarios para fomentar o uso compartido de diferentes produtos e/ou servizos que minimicen o impacto ambiental.
- Produtos como servizos: ofrecer servizos de pago por un produto mantendo a propiedade do mesmo para a posterior recuperación dos recursos.
- Innovación en procesos mediante a produción en ciclo pechado, co obxecto de maximizar o uso dos recursos e minimizar o impacto ambiental.
- No caso do mundo académico quérese recoñecer a promoción da economía circular na educación, xa sexa a nivel de promoción entre o alumnado como na elaboración de traballos académicos e de investigación.
- A categoría de divulgación está enfocada a premiar aqueles traballos ou artigos en medios de comunicación; traballos científicos, iniciativas de difusión ou divulgación en redes sociais ou de influencers, actividades en blogs, etc., relacionados coa economía circular.
Os galardóns distribúense en 6 categorías (Mellor iniciativa pública; Mellor práctica circular en grandes empresas; Mellor práctica circular en pemes; Mellor start-up circular; Mellor práctica no mundo académico e Mellor práctica en divulgación) e o prazo de recepción de candidaturas estará aberto ata o próximo 15 de xullo 2020. As bases están dispoñibles na web do Club de Excelencia en Sostenibilidad.
O xurado estará conformado por reputados expertos a nivel institucional, académico e empresarial en materia de innovación empresarial e tecnolóxica, desenvolvemento de programas formativos e de sostibilidade, ademais de altos directivos de BASF en España e o Club de Excelencia en Sostenibilidad.
Fonte e imaxe: BASF