- Conta coa colaboración de Sogama e está aberto a calquera persoa interesada, sendo libre a temática a abordar, sempre que estea vinculada ao medio ambiente.
- Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías, debendo estas ser orixinais e inéditas, e corresponder a calquera lugar de Galicia.
- Establécense dous premios e un especial Top Cervo, co que se recoñecerá a mellor instantánea ambiental na que se identifique con claridade unha contorna deste municipio.
Cerceda, a 3 de maio de 2021.- O Concello de Cervo (Lugo) convocou a undécima edición do Concurso Fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta”, todo un referente na comunidade autónoma.
Ao mesmo pode concorrer calquera persoa interesada, sendo libre a temática a abordar, sempre que, como é lóxico, estea vinculada ao medio ambiente, esixindo o debido cumprimento do código ético que garanta e mellore a relación dos fotógrafos da natureza.
Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías, debendo estas ser orixinais e inéditas, e corresponder a calquera lugar de Galicia.
A presentación das mesmas realizarase en formato dixital (JPEG), en alta calidade (sen compresión) e a unha resolución mínima de 2.048 px, sen límite de tamaño en MB. Deberán ser remitidas, antes das 23:59 horas do 21 de maio, ao correo medioambiente@concellodecervo.com
PREMIOS
Establécense dous premios e un especial Top Cervo, co que se recoñecerá a mellor instantánea ambiental na que se identifique con claridade unha contorna deste municipio. Todos eles estarán dotados cunha cerámica de Sargadelos
A entrega de galardóns efectuarase, como vén sendo habitual, o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.
A iniciativa conta coa colaboración de Sogama.
Máis información en cervorespecta.wordpress.com e medioambiente@concellodecervo.com.
Saúdos, Departamento de Comunicación