- Promovido por ATEGRUS, con este certame preténdese valorar aquelas actuacións orientadas a mellorar a nosa contorna e avanzar cara á sustentabilidade.
- Os interesados teñen de prazo ata o 19 de febreiro para enviar a solicitude de participación e ata o 31 de marzo para facer chegar a memoria do proxecto que presenten a concurso.
Cerceda, a 4 de febreiro de 2022.- ATEGRUS® convocou a XVIII edición do Concurso Escobas de Prata®, Ouro® e Platino® 2022, estando dirixido a Municipios, Deputacións, Mancomunidades, empresas prestatarias de servizos, enxeñerías, consultorías, fabricantes de bens de equipos, instalacións para a xestión de residuos e aseo urbano, universidades, e centros tecnolóxicos e de formación, entre outros.
Con este concurso preténdese valorar aquelas actuacións realizadas para mellorar a nosa contorna e avanzar cara á sustentabilidade, premiando os esforzos encamiñados a estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación neste ámbito.
Os concursantes poderán optar a un único premio por edición. Para isto, deberán remitir, nos prazos fixados pola organización, a memoria xustificativa das accións que lles fan merecedores do galardón.
Os interesados dispoñen ata o 19 de febreiro para enviar a solicitude de participación e ata o 31 de marzo para facer chegar a memoria do proxecto que presenten a concurso.
O evento celebrarase dentro do marco de actividades da Feira Internacional TECMA, que terá lugar en IFEMA, Madrid, do 14 ao 16 de xuño.
Para máis información sobre esta convocatoria: observatorio@ategrus.org ou ben no teléfono 94 464 19 90, onde se poderá solicitar as Bases do concurso.
SOBRE ATEGRUS
Constituída en 1965, ATEGRUS –Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente– é Membro Nacional de ISWA en España e a única asociación do noso país que abarca todos os sistemas de xestión de residuos, aseo urbano e medio ambiente, reunindo a municipios, empresas e técnicos do sector co fin de compartir as súas experiencias e intercambiar criterios.
Fonte: ATEGRUS
Imaxe: Pexels